lunes, 22 de diciembre de 2008

KING VIDOR (dir.), "THE CROWD" (film; EE UU, 1928)

Propoñemos tamén para Nadal, e outra vez como actividade VOLUNTARIA, a visión, análise e comentario da película "The Crowd" (en España coñecida como "Y el mundo marcha").
Presentamos aquí o fragmento I da mesma, traída desde o inevitable YouTube. A película completa, cos breves e sinxelos textos incluídos, en inglés, pero facilmente entendibles por calquera alumno de segundo de bacharelato -por outro lado, ¡que marabillosos dicionarios hai, meu Deus!-. Para seguir disfrutando do film só hai que ir a YouTube, ou ben premendo dúas veces no vídeo aquí presente, ou indo directamente a YouTube, por descontado. Logo todo consiste en ir fragmento a fragmento, sen saltar ningún (ollo con iso). Son once, se non falla a memoria...
Neste enlace atoparás algo de información sobre King Vidor -podes, non obsante, buscar algo máis pola túa conta, pero lembra que esta actividade non consiste en reproducir infomación coleccionada de aquí e alá, senón que é algo máis ben "creativo"-, e neste outro, a ficha sobre a película en cuestión.
recomendamos vela máis dunha vez antes de comezar a elaborar as actividades, ou polo menos ver un par de veces as escenas máis significativas ou escuras. E mirala(s) coa mirada adecuada: estamos no comezo do cine, cos pioneiros, nun cine "distinto", "mudo", cun tipo de actuación, de ritmo, de escenarios, de utilización da música, etc., di-fe-ren-tes. hai que facer un esforzo... "hermenéutico" -de interpretación- que vale a pena. Quen salirá gañando... serás ti.

CLAVES: Imaxinación sociolóxica; busca de elementos ou temas dos trabalados na aula (temas, textos, lecturas, diálogos,...); aproximación á película desde un punto de vista sociolóxico-politolóxico, etc. Non olvidemos tampouco a Tocqueville, por favor: lembra de que país fala a súa obra...

ACTIVIDADES CONCRETAS: Son para escribir neste blog, e como comentarios a esta entrada na que estás agora mesmo:
  1. Resumo en poucas liñas do argumento da obra. Engade tamén o que o autor/os autores pretende/n trnasmitir con ela.
  2. Valoración persoal da película: artística (si: ¿por que non?), de contidos, linguaxe cinematográfica, emocións, etc. Pero sobre todo, recorda que esta valoración, ou estas valoracións DEBEN ESTAR ARGUMENTADAS, baseadas en razóns, explicadas.
  3. Comentario-explicación da película tendo en conta os tópicos, temas, elementos, textos, etc., estudiados ata o momento na aula.
NOTA MOI IMPORATANTE: O próximo día 3 de Xaneiro, aproximadamente entre as dúas e as catro da tarde, será publicada neste blog unha entrada con outra actividade sobre este mesmo film ("The Crowd").

TOCQUEVILLE, "LA DÉMOCRATIE EN AMÉRIQUE": ACTIVIDADES PARA NADAL

Propoñemos aquí certas actividades para ir facendo en Nadal. Son totalmente VOLUNTARIAS, e naturalmente que facelas ben terá o seu correspondente recoñecemento.
Trátase de facer unha busca ao longo dos volumes I e/ou II da obra de Tocqueville que estamos a ler. Cando atopes un fragmento de aproximadamente vinte páxinas que vexas de interese para ser lido e debatido por todos na aula:
  1. Sinala aquí, no blog, nun comentario debaixo desta mesma entrada, o volume, as páxinas do comezo e final do fragmento, e o título do capítulo, apartado, etc., de que se trata.
  2. A continuación, escribe un resumo obxectivo -sen opinar, engadir nin criticar- dos contidos dese fragmento, destacando a súa tese principal (a que o autor pretende subliñar ou demostrar).
  3. Finalmente, engade unha breve valoración persoal, incluso subxectiva, de por que cres ti de interese para o grupo de ICCPPS a lectura e debate do fragmento escollido.
Non olvides firmar ao final do comentario. Podes, se queres, facelo coas túas iniciais (apelido, apelido, nome).
Noutro(s) comentario(s) distinto(s), á parte, podes incluír algo semellante referido a outro(s) fragmento(s), e coa mesma finalidade.

Noutro orde de cousas. Incluímos tamén aquí o mapa de EE UU nos tempos da Guerra de Secesión, posterior no tempo á obra de Tocqueville, claro. E tamén a bandeira dos "sudistas", os Estados do Sur, da que ás veces falamos na aula e que, sen dúbida, agora si recoñeceredes...Mapa da Guerra de Secesión (1861-65)

(Bandeira dos "sudistas")

TOCQUEVILLE, "DE LA DÉMOCRATIE EN AMÉRIQUE" (1835)

Fai xa algún tempo, despois de rematar a exposición do Tema 2, comezamos a ler un fragmento do volume I desta obra, titulado "Posición que ocupa la raza negra en los Estados Unidos; peligros que su presencia hace correr a los blancos", da que aínda faltan por ver dúas ou tres páxinas como moito. (Por certo, pods, se queres, acabalo pola túa conta en Nadal, e ir preparando xa o resumo obxevtivo sobre ese fragmento, de aproximadamente unha carilla). Tamén vimos un fragmento do libro El asedio a la modernidad, de J.J. Sebreli, dedicado ao tráfico de escravos en África, como complemento.
Lembra que atrás, neste blog, temos recolida infomación sobre Tocqueville e sobe a obra que nos ocupa (preme, se queres, estes enlaces anteriores).
Incluímos agora reproduccións escaneadas dos mapas conseguidos por I.V. que resultan de gran axuda para situarnos no momento histórico de EE UU do que fala Tocqueville:

miércoles, 19 de noviembre de 2008

De cazapos e... merlos

EL MIRLO

Al mirlo hay que observarlo y entenderlo,
porque, si no, puede llamar a engaño
ese pronto severo que presenta
su enlutado plumaje. A poco que lo mires,
verás que nada tiene que ver con un misántropo
ni nada parecido: Es muy alegre
debajo de un atuendo que sin ningún alivio
persevera en el negro. Pasa el día
realizando trabajos de zapa en el jardín
con su afilado pico de color calabaza,
y no hay gusano por el que no muestre
interés minucioso. Al levantarme,
suelo salir a la terraza a ver
la mañana que hace. Yo madrugo,
pero él se me adelanta. Cuando miro,
se encuentra siempre allí con su pareja,
saltando tan ufano por el cesped,
muy repeinado y con la cola alzada.
Traza pequeños y redondos vuelos
y a intervalos ensaya sus metálicos cantos.
En algunos momentos desafina, mas insiste y corrige sus errores.
Tantas veces lo veo que, sin duda,
también a mí me ha visto y me conoce,
y, al descubrirme aquí, parado y pensativo
-no sé si, en ocasiones, incluso hablando solo-,
seguro que a sí mismo se habrá dicho:
"Qué tipo tan extraño. ¿Qué hará ahí
un día y otro día casi a la misma hora?
Desde luego, es bien serio, por más que a ratos silbe.
Parece inofensivo, con la pinta
de soñador que tiene. Y qué curiosa
su obstinada manra de mirarme".

Eloy Sánchez Rosillo
, en Oír la luz, 2008


martes, 18 de noviembre de 2008

Conflictos intergrupais... no cine

O noso compañeiro Iván, que ultimamente está imparable, pídenos agora que fixemos a nos atención nesta pequena noticia sobre... ¿cine? que apareceu na revista XL Semanal, nº 1098 (9-15 de Nov. de 2008), na páxina 19. reproducímola completa porque é breve:
"ES FÁCIL CONVERTIRSE EN NAZI"
"Dennis Gansel se pregunta en su última película , The Wave, si podrá surgir una nueva dictadura en Alemania. La respuesta es escalofriante. Basada en un experimento real en una escuela de California en 1967, el filme trata de unos adolescentes sacados de su apatía por un dinámico profesor. Los estudiantes aceptan un duro régimen de disciplina en la medida en que, como grupo, les da identidad y poder. Se uniformizan, usan saludos distintivos y aislan a `los otros´. El experimento real fue suspendido en una semana. La cinta, que llegará en noviembre, opta por un final más cinematográfico. B.L."

A verdade é que ignoramos a que experimento de 1967 se refire. O experimento do que fala Sangrador nun texto visto fai días cando comezábamos este Tema 2 parece ser do ano 1954, como a Santa Wikipedia deixa claro (véase enlace-proba). Recomendamos un paseo pola sección "Véase también" que atoparás na parte de abaixo desa páxina da Wiki...
Aproveitamos que o Pisuerga pasa por Valladolid para meter con calzador este outro enlace que non ten desperdicio, deixando á túa pinión se ven ao caso, non ven ao caso, ten interese, non o ten, ou que de que. O enlace é éste: en-la-ce. E hai máis pisuergas, claro é...

jueves, 13 de noviembre de 2008

``1984´´ Coidado !! O ``Gran Hermano´´... te vixía



Hoxe en día, a maioría da xente cando lle falas de ciencia-ficción pensa en: extraterrestres, naves espaciais, etc. En realidade, a ciencia-ficción é moito máis que iso, e esta intimamente ligada coa socioloxía e a filosofía; como por exemplo, se nos mostra en esta obra de George Orwell ``1984´´.

Nesta obra, unha das máis importantes do xénero, presentasenos un mundo como o noso, pero no futuro, no cal as personas perderon a sua capacidade de pensamento, sentimentos, intimidade, e viven controladas, vixiadas e dominadas pola omnipresente figura do ``Gran Hermano´´(todo nace dos libros... ata os ``reality-shows´´).

Adiante, atrevete a acompañar a Winston Smith (o protagonista da obra) nunha loita contra o ``Gran Hermano´´, contra o poder establecido e sobre todo, unha loita consigo mesmo para cambiar a sociedade, para cambiar o mundo.

Atrevete a ler esta incrible obra mestra da ciencia-ficción e descobre ¿quen é en realidade o ``Gran Hermano´´?, ou se en realidade, ¿vivimos (hoxe en día) sometidos a unha ``especie´´ de ``Gran Hermano´´?

FRASES DO LIBRO

*AS TRES CONSIGNAS DO ``GRAN HERMANO´´:

- ``A guerra é a paz´´
-``A liberdade é a esclavitude´´

-``A ignorancia é a forza´´

----------------------------------------

-``Quen controla o presente, controla o pasado, e quen controla o pasado, controla o futuro´´.


E agora, para que vos animedes ainda máis a ler o libro( que podedes encontrar na biblioteca do instituto) poño un par de videos de ``Youtube´´ sobre a obra:

1.
Todo bo libro, ten unha película; aqui se mostra un anaco dela, coa música do gran grupo de ``rock alternative´´ RADIOHEAD, o cal lle dedica unha canción a este libro titulada: ``1+1=5´´, o significado dese título e o poque da canción, o saberedes o ler o libro(¿?) ...





2. Os dous videos seguientes tratan unha das ideas principais do libro, o control e vixilancia da xente por parte do``Gran Hermano´´, so que nestes videos aplicase a actualidade...













Espero que vos animedes a lelo ^_^



Iván Carnota





lunes, 10 de noviembre de 2008

lunes, 27 de octubre de 2008

Daniel Pennac


Ben, o utro día, na aula, posiblemente falando de axentes de socialización, educación, sistema educativo, ou algo dese estilo, dixemos algo sobre un autor chamado Daniel Pennac e dunha entrada no blog da biblioteca que trataba sobre el. Pois ben, ecolá o enlace para ler tal entrada, e incluso deixar un comenario sobre ela, sexa no blog da biblioteca, sexa aquí, sexa en ambos.
Hai un montón de información sobre Daniel Pennac en Internet, se sintes interese...

domingo, 19 de octubre de 2008

Marx, Weber, Durkheim

A estas alturas temos xa buscada información sobre varios dos creadores da socioloxía (Comte, Tocqueville, Weber...). Damos entrada hoxe tamén a Marx e a Durkheim. Ímos co primeio:
Karl Marx (Tréveris, Alemaña, 1818, Londres, UK, 1883) é un autor demasiado polifacético como para poder clasificalo con facilidade: economista, historiador, periodista, filósofo, revolucionario... ¿Tamén sociólogo? Pois si, tamén: "Marx é un dos dous ou tres individuos máis responsables da dirección teorética xeral adoptada pola Socioloxía en Europa. Por enriba de todo, o que máis arraigado quedou foi a súa enorme énfasis no carácter de clase social da sociedade. (...) Marx creía que a estructura de clases dunha sociedade desempeñaba un papel estratéxico na formación do resto da súa organización social e cultural. toda a Historia, declaraba, é unha historia de clases e loitas de clases. (...) A cultura intelectual dunha sociedade, incluíndo a súa ciencia, arte e literatura é esencialmente reflexo dos intereses da clase dominante, constituíndo así o que o marxismo denomina unha ideoloxía. La dialéctica del cambio histórico determina que, a través de conflitos internos e contradiccións, cada forma de sociedade vaia morrendo co tempo e sexa reemprazada por unha forma superior. (...) Tamén o capitalismo sería destruído (...). Entonces, por primeira vez na Historia, xurdiría unha sociedade sen clases (...) na que terminaría para sempre a explotación (...). Aínda que esta filosofía milenarista producise un dos maiores impactos revolucionarios e mundiais, é o énfasis do marxismo sobre o determinismo económico no estudo do comportamento social e sobre o carácter de clase da cultura humana, a organización social e o cambio social, o que influíu máis ás ciencias sociais. Resultaría imposible explicar o gran énfasis da Socioloxía, tanto contemporánea como anterior, na estratificación social, de non ser pola poderosa influencia de Marx durante o pasado século XIX" (Robert Nisbet, Introducción a la sociología, Vicens-Vives, 1982).
De Weber (Alemaña, 1864-1920) tes información na entrada anterior.
Sobre Durkheim (1858-1917, francés) hai moita información na rede, pero este enlace que aquí ofrecemos ten de positivo a súa brevedade...

martes, 7 de octubre de 2008

Sobre definicións, autores e métodos...

Comezamos hai días o Tema 1 lendo, comentando e resumindo un par de textos de Anthony Giddens, tomados da súa obra Sociología que tes fotocopiados, pero que aquí podes de novo atopar, incluíndo un terceiro bastante breve. Con eses textos 1 e 2 pretendíamos achegarnos dalgún xeito á noción de socioloxía e de "imaxinación sociolóxica".
Mais tarde fixemos outro tanto co texto 3, extraído do libro Conceptos fundamentales de sociología, pp. 85-86, de R. Garvía, de Alianza Ed. Nel vimos a noción de poder de Max Weber, da teoría do intercambio, e finalmente a da socioloxía marxiana. Unha vez visto e resumido este texto, pasamos a ler e resumir o texto 4, de Ignacio Molina (en colaboración con S. Delgado), Conceptos fundamentales de ciencia política, pp. 19-20, Alianza Ed., no cal estes autores ofrecían unha aproximación a iso que soemos chamar "ciencia (s) política (s)".
Eses mesmos días, fóra da aula, estivemos tamén buscando información sobre certos autores asociados á creación da socioloxía no s. XIX (Comte, Alexis de Tocqueville,...) e sobre Nicolás Maquiavelo como un autor clave para a aparición do que hoxe se chama ciencia política...
Sen embargo, parece que houbo algún tropezo cando intentamos atopar información clara e breve dos métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía, motivo polo cal introducimos aquí estes enlaces, esperando que podan valer... Do primeiro, que trata sobre os métodos cuantitativos, recomendamos ler e imprimir só o comezo (os seis primeiros parágrafos); do segundo, que trata sobre os métodos cualitativos, recomendamos ler e imprimir só o apartado que leva ese mesmo título ( os termos "observación participante", "investigación-acción" ou "interaccionismo simbólico", que debes ver só como exemplos, certamente poden confundir, pero quedan tamén aquí enlaces para cada un deles por se pica a curiosidade ou alguén quere ir máis alá...).
Rematamos xa con esta entrada, non sen antes detallar un pouco máis o primeiro apartado do Tema 1 que permitirá, esperamos, ubicar sen dificultade toda a información que fomos reunindo:
  • 1.a. Definición de socioloxía (textos 1 e 2).
  • 1.b. Definición de ciencia política (textos 3 e 4).
  • 1.c. Métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía (os enlaces ofrecidos nesta entrada, ou información alternativa similar; o tema 9 da asignatura do curso pasado pode resultar útil se conseguimos relacionar os métodos cuantitativos co método da ciencia natural, e os cualitativos co hermenéutico).
(Do apartado 2 do Tema 1 , "A orixe da socioloxía e da ciencia política", temos xa información, sobre Comte, sobre Tocqueville, sobre Maquiavelo... Falta buscar información similar sobre dous ou tres autores máis, entre os que estará Weber, de quen xa tes un enlace arriba).

lunes, 6 de octubre de 2008

TEMA 1

Incluímos aquí os apartados do Tema 1 no que nos atopamos:
1. Definicións de socioloxía e de teoría política.
2. Orixe de ambas.
3. Nocións de cultura e interacción social.
4. Proceso de socialización e axentes de socialización.
5. Varianza e desviación.

As lecturas e comentarios de textos que estamos facendo estes días na aula, así como as actividades feitas fóra da mesma, están todas elas relacionadas con este tema e os seus apartados.

Presentación

Benviodos. Éste é o blog da asignatura de ICCPPS, do D. F.

Con el pretendemos ter outra vía de comunicación entre nós. Iremos publicando textos, imaxes, esquemas, vídeos, noticias, reseñas, etc., que, dunha maneira ou outra, teñan relación coa asignatura e cos nosos intereses. A idea é que todos participemos, non soamente escribindo comentarios, senón incluso con textos teus, ou con imaxes túas ou propostas por ti. Iso significa que o blog tamén está abertro á posibilidade de que calquera de nós cree unha entrada.

¿Como introducir un comentario? Fácil. Non é imprescindible ter conta ou correo algún. Podes ir pola vía máis sinxela: 1) pinchar sobre "Comentarios"; 2) escribir o comentario, no cal podes incluír o teu nome e apelidos -ao principio ou ao final-, ou non, pois pode ir sen nome, só co nome, coas iniciais, con pseudónimo ("nick"); 3) pinchas no circuliño onde di "Anónimo" (pois se non terás que identificarte a partir dunha conta Google, ou así); 4) reproducir a serie de letras anti-spam no rentángulo; 5) unha vez revisado o texto, por se acaso -tampouco é imprescindible velo en "Vista previa"-, pinchas csobre o rectángulo onde di "editar comentario" ou "publicar comentario". E listo. Se unha vez editado quixeras modificar ou borar algo -ou todo-, necesitarías falar con quen isto escribe, e non habería problema ningún, por descontado.