lunes, 27 de octubre de 2008

Daniel Pennac


Ben, o utro día, na aula, posiblemente falando de axentes de socialización, educación, sistema educativo, ou algo dese estilo, dixemos algo sobre un autor chamado Daniel Pennac e dunha entrada no blog da biblioteca que trataba sobre el. Pois ben, ecolá o enlace para ler tal entrada, e incluso deixar un comenario sobre ela, sexa no blog da biblioteca, sexa aquí, sexa en ambos.
Hai un montón de información sobre Daniel Pennac en Internet, se sintes interese...

domingo, 19 de octubre de 2008

Marx, Weber, Durkheim

A estas alturas temos xa buscada información sobre varios dos creadores da socioloxía (Comte, Tocqueville, Weber...). Damos entrada hoxe tamén a Marx e a Durkheim. Ímos co primeio:
Karl Marx (Tréveris, Alemaña, 1818, Londres, UK, 1883) é un autor demasiado polifacético como para poder clasificalo con facilidade: economista, historiador, periodista, filósofo, revolucionario... ¿Tamén sociólogo? Pois si, tamén: "Marx é un dos dous ou tres individuos máis responsables da dirección teorética xeral adoptada pola Socioloxía en Europa. Por enriba de todo, o que máis arraigado quedou foi a súa enorme énfasis no carácter de clase social da sociedade. (...) Marx creía que a estructura de clases dunha sociedade desempeñaba un papel estratéxico na formación do resto da súa organización social e cultural. toda a Historia, declaraba, é unha historia de clases e loitas de clases. (...) A cultura intelectual dunha sociedade, incluíndo a súa ciencia, arte e literatura é esencialmente reflexo dos intereses da clase dominante, constituíndo así o que o marxismo denomina unha ideoloxía. La dialéctica del cambio histórico determina que, a través de conflitos internos e contradiccións, cada forma de sociedade vaia morrendo co tempo e sexa reemprazada por unha forma superior. (...) Tamén o capitalismo sería destruído (...). Entonces, por primeira vez na Historia, xurdiría unha sociedade sen clases (...) na que terminaría para sempre a explotación (...). Aínda que esta filosofía milenarista producise un dos maiores impactos revolucionarios e mundiais, é o énfasis do marxismo sobre o determinismo económico no estudo do comportamento social e sobre o carácter de clase da cultura humana, a organización social e o cambio social, o que influíu máis ás ciencias sociais. Resultaría imposible explicar o gran énfasis da Socioloxía, tanto contemporánea como anterior, na estratificación social, de non ser pola poderosa influencia de Marx durante o pasado século XIX" (Robert Nisbet, Introducción a la sociología, Vicens-Vives, 1982).
De Weber (Alemaña, 1864-1920) tes información na entrada anterior.
Sobre Durkheim (1858-1917, francés) hai moita información na rede, pero este enlace que aquí ofrecemos ten de positivo a súa brevedade...

martes, 7 de octubre de 2008

Sobre definicións, autores e métodos...

Comezamos hai días o Tema 1 lendo, comentando e resumindo un par de textos de Anthony Giddens, tomados da súa obra Sociología que tes fotocopiados, pero que aquí podes de novo atopar, incluíndo un terceiro bastante breve. Con eses textos 1 e 2 pretendíamos achegarnos dalgún xeito á noción de socioloxía e de "imaxinación sociolóxica".
Mais tarde fixemos outro tanto co texto 3, extraído do libro Conceptos fundamentales de sociología, pp. 85-86, de R. Garvía, de Alianza Ed. Nel vimos a noción de poder de Max Weber, da teoría do intercambio, e finalmente a da socioloxía marxiana. Unha vez visto e resumido este texto, pasamos a ler e resumir o texto 4, de Ignacio Molina (en colaboración con S. Delgado), Conceptos fundamentales de ciencia política, pp. 19-20, Alianza Ed., no cal estes autores ofrecían unha aproximación a iso que soemos chamar "ciencia (s) política (s)".
Eses mesmos días, fóra da aula, estivemos tamén buscando información sobre certos autores asociados á creación da socioloxía no s. XIX (Comte, Alexis de Tocqueville,...) e sobre Nicolás Maquiavelo como un autor clave para a aparición do que hoxe se chama ciencia política...
Sen embargo, parece que houbo algún tropezo cando intentamos atopar información clara e breve dos métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía, motivo polo cal introducimos aquí estes enlaces, esperando que podan valer... Do primeiro, que trata sobre os métodos cuantitativos, recomendamos ler e imprimir só o comezo (os seis primeiros parágrafos); do segundo, que trata sobre os métodos cualitativos, recomendamos ler e imprimir só o apartado que leva ese mesmo título ( os termos "observación participante", "investigación-acción" ou "interaccionismo simbólico", que debes ver só como exemplos, certamente poden confundir, pero quedan tamén aquí enlaces para cada un deles por se pica a curiosidade ou alguén quere ir máis alá...).
Rematamos xa con esta entrada, non sen antes detallar un pouco máis o primeiro apartado do Tema 1 que permitirá, esperamos, ubicar sen dificultade toda a información que fomos reunindo:
  • 1.a. Definición de socioloxía (textos 1 e 2).
  • 1.b. Definición de ciencia política (textos 3 e 4).
  • 1.c. Métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía (os enlaces ofrecidos nesta entrada, ou información alternativa similar; o tema 9 da asignatura do curso pasado pode resultar útil se conseguimos relacionar os métodos cuantitativos co método da ciencia natural, e os cualitativos co hermenéutico).
(Do apartado 2 do Tema 1 , "A orixe da socioloxía e da ciencia política", temos xa información, sobre Comte, sobre Tocqueville, sobre Maquiavelo... Falta buscar información similar sobre dous ou tres autores máis, entre os que estará Weber, de quen xa tes un enlace arriba).

lunes, 6 de octubre de 2008

TEMA 1

Incluímos aquí os apartados do Tema 1 no que nos atopamos:
1. Definicións de socioloxía e de teoría política.
2. Orixe de ambas.
3. Nocións de cultura e interacción social.
4. Proceso de socialización e axentes de socialización.
5. Varianza e desviación.

As lecturas e comentarios de textos que estamos facendo estes días na aula, así como as actividades feitas fóra da mesma, están todas elas relacionadas con este tema e os seus apartados.

Presentación

Benviodos. Éste é o blog da asignatura de ICCPPS, do D. F.

Con el pretendemos ter outra vía de comunicación entre nós. Iremos publicando textos, imaxes, esquemas, vídeos, noticias, reseñas, etc., que, dunha maneira ou outra, teñan relación coa asignatura e cos nosos intereses. A idea é que todos participemos, non soamente escribindo comentarios, senón incluso con textos teus, ou con imaxes túas ou propostas por ti. Iso significa que o blog tamén está abertro á posibilidade de que calquera de nós cree unha entrada.

¿Como introducir un comentario? Fácil. Non é imprescindible ter conta ou correo algún. Podes ir pola vía máis sinxela: 1) pinchar sobre "Comentarios"; 2) escribir o comentario, no cal podes incluír o teu nome e apelidos -ao principio ou ao final-, ou non, pois pode ir sen nome, só co nome, coas iniciais, con pseudónimo ("nick"); 3) pinchas no circuliño onde di "Anónimo" (pois se non terás que identificarte a partir dunha conta Google, ou así); 4) reproducir a serie de letras anti-spam no rentángulo; 5) unha vez revisado o texto, por se acaso -tampouco é imprescindible velo en "Vista previa"-, pinchas csobre o rectángulo onde di "editar comentario" ou "publicar comentario". E listo. Se unha vez editado quixeras modificar ou borar algo -ou todo-, necesitarías falar con quen isto escribe, e non habería problema ningún, por descontado.