lunes, 22 de diciembre de 2008

KING VIDOR (dir.), "THE CROWD" (film; EE UU, 1928)

Propoñemos tamén para Nadal, e outra vez como actividade VOLUNTARIA, a visión, análise e comentario da película "The Crowd" (en España coñecida como "Y el mundo marcha").
Presentamos aquí o fragmento I da mesma, traída desde o inevitable YouTube. A película completa, cos breves e sinxelos textos incluídos, en inglés, pero facilmente entendibles por calquera alumno de segundo de bacharelato -por outro lado, ¡que marabillosos dicionarios hai, meu Deus!-. Para seguir disfrutando do film só hai que ir a YouTube, ou ben premendo dúas veces no vídeo aquí presente, ou indo directamente a YouTube, por descontado. Logo todo consiste en ir fragmento a fragmento, sen saltar ningún (ollo con iso). Son once, se non falla a memoria...
Neste enlace atoparás algo de información sobre King Vidor -podes, non obsante, buscar algo máis pola túa conta, pero lembra que esta actividade non consiste en reproducir infomación coleccionada de aquí e alá, senón que é algo máis ben "creativo"-, e neste outro, a ficha sobre a película en cuestión.
recomendamos vela máis dunha vez antes de comezar a elaborar as actividades, ou polo menos ver un par de veces as escenas máis significativas ou escuras. E mirala(s) coa mirada adecuada: estamos no comezo do cine, cos pioneiros, nun cine "distinto", "mudo", cun tipo de actuación, de ritmo, de escenarios, de utilización da música, etc., di-fe-ren-tes. hai que facer un esforzo... "hermenéutico" -de interpretación- que vale a pena. Quen salirá gañando... serás ti.

CLAVES: Imaxinación sociolóxica; busca de elementos ou temas dos trabalados na aula (temas, textos, lecturas, diálogos,...); aproximación á película desde un punto de vista sociolóxico-politolóxico, etc. Non olvidemos tampouco a Tocqueville, por favor: lembra de que país fala a súa obra...

ACTIVIDADES CONCRETAS: Son para escribir neste blog, e como comentarios a esta entrada na que estás agora mesmo:
  1. Resumo en poucas liñas do argumento da obra. Engade tamén o que o autor/os autores pretende/n trnasmitir con ela.
  2. Valoración persoal da película: artística (si: ¿por que non?), de contidos, linguaxe cinematográfica, emocións, etc. Pero sobre todo, recorda que esta valoración, ou estas valoracións DEBEN ESTAR ARGUMENTADAS, baseadas en razóns, explicadas.
  3. Comentario-explicación da película tendo en conta os tópicos, temas, elementos, textos, etc., estudiados ata o momento na aula.
NOTA MOI IMPORATANTE: O próximo día 3 de Xaneiro, aproximadamente entre as dúas e as catro da tarde, será publicada neste blog unha entrada con outra actividade sobre este mesmo film ("The Crowd").

TOCQUEVILLE, "LA DÉMOCRATIE EN AMÉRIQUE": ACTIVIDADES PARA NADAL

Propoñemos aquí certas actividades para ir facendo en Nadal. Son totalmente VOLUNTARIAS, e naturalmente que facelas ben terá o seu correspondente recoñecemento.
Trátase de facer unha busca ao longo dos volumes I e/ou II da obra de Tocqueville que estamos a ler. Cando atopes un fragmento de aproximadamente vinte páxinas que vexas de interese para ser lido e debatido por todos na aula:
  1. Sinala aquí, no blog, nun comentario debaixo desta mesma entrada, o volume, as páxinas do comezo e final do fragmento, e o título do capítulo, apartado, etc., de que se trata.
  2. A continuación, escribe un resumo obxectivo -sen opinar, engadir nin criticar- dos contidos dese fragmento, destacando a súa tese principal (a que o autor pretende subliñar ou demostrar).
  3. Finalmente, engade unha breve valoración persoal, incluso subxectiva, de por que cres ti de interese para o grupo de ICCPPS a lectura e debate do fragmento escollido.
Non olvides firmar ao final do comentario. Podes, se queres, facelo coas túas iniciais (apelido, apelido, nome).
Noutro(s) comentario(s) distinto(s), á parte, podes incluír algo semellante referido a outro(s) fragmento(s), e coa mesma finalidade.

Noutro orde de cousas. Incluímos tamén aquí o mapa de EE UU nos tempos da Guerra de Secesión, posterior no tempo á obra de Tocqueville, claro. E tamén a bandeira dos "sudistas", os Estados do Sur, da que ás veces falamos na aula e que, sen dúbida, agora si recoñeceredes...Mapa da Guerra de Secesión (1861-65)

(Bandeira dos "sudistas")

TOCQUEVILLE, "DE LA DÉMOCRATIE EN AMÉRIQUE" (1835)

Fai xa algún tempo, despois de rematar a exposición do Tema 2, comezamos a ler un fragmento do volume I desta obra, titulado "Posición que ocupa la raza negra en los Estados Unidos; peligros que su presencia hace correr a los blancos", da que aínda faltan por ver dúas ou tres páxinas como moito. (Por certo, pods, se queres, acabalo pola túa conta en Nadal, e ir preparando xa o resumo obxevtivo sobre ese fragmento, de aproximadamente unha carilla). Tamén vimos un fragmento do libro El asedio a la modernidad, de J.J. Sebreli, dedicado ao tráfico de escravos en África, como complemento.
Lembra que atrás, neste blog, temos recolida infomación sobre Tocqueville e sobe a obra que nos ocupa (preme, se queres, estes enlaces anteriores).
Incluímos agora reproduccións escaneadas dos mapas conseguidos por I.V. que resultan de gran axuda para situarnos no momento histórico de EE UU do que fala Tocqueville: