martes, 3 de marzo de 2009

Sobre Rohmer e "LÁmi de mon amie" (1987)


Para facer o traballo sobre esta película, propoñemos, a parte de ver o film e versión orixinal, por avor -é básico-, consultar unha serie de cousas na rede en relación coa microsocioloxía, o cineasta en cuestión e esta película en particular. É importante vela máis dunha vez e prestar atención ás rúas, prazas, parques, cafeterías, auga da piscina e auga do lago, casas e habitacións, etc. É dicir, ao espazo e aos espazos da urbanización e das vivendas, pois o traballo vai en grande medida sobre iso (tampouco deixemos de ter en conta a natureza, en conraposición, ou talvez en diálogo, coa "urbe", e o papel do azar na historia, os enconros dos personaxes, as cores da súa roupa, etc.).
Ben, pois entonces, podemos ver aquí algo sobre a película, con bastantes análises e detalles de indubidable interese. Agora, a inevitable Wiki falando de Rohmer. A maiores, unha entrevista co autor, por que non. Temos aquí a filmografía de Rohmer. E cambiando de tercio, atopamos agora gracias a estes enlaces breves pero valiosos información sobre Goffman e a chamada "microsocioloxía", que pode dar ideas. E un pouquiño máis sobre microsocioloxía, e sobre antropoloxía urbana, tomada neste caso doutro blog.
Nin que dicir ten que escribindo a palabra ou a frase adecuada en Google ou Firefox atoparemos máis información, se necesaria é...