domingo, 10 de mayo de 2009

"Ladrón de bicicletas" (De Sica, 1948)

TITULO ORIXINAL: Ladri di biciclette

ANO: 1948

DURACIÓN: 88 min.

PAÍS: Italia

DIRECTOR: Vittorio De Sica

GUIÓN: Cesare Zavattini, Vittorio De Sica, Suso Cecchi d'Amico e Outros (Novela: Luigi Bartolini)

MÚSICA: Alessandro Cicognini

FOTOGRAFÍA: Carlo Montuori (B&W)

REPARTO: Lamberto Maggiorani, Enzo Staiola, Lianella Carell, Gino Saltamerenda, Giulio Chiari, Vittorio Antoniucci

PRODUCTORA: P.D.S.

O NEORREALISMO ITALIANO

O neorrealismo é un movemento artístico cinematográfico que surxe despois da Segunda Guerra Mundial en Italia que terá influencias en disferentes países, incluso no cine norteamericano e que a súa vez recibirá influencias, por exemplo, do cine soviético. Iniciase no ano 1945 con Roma, ciudad aberta de Roberto Rossellini e segue despois con Ladrón de bicicletas (1948) de Vittorio de Sica e La tierra tiembla (1947) de Luchino Visconti. Estes tres cineastas foron os máis destacados do neorrealismo italiano.
O neorrealismo reflexa a realidade cotiá máis humilde e caracterízase por ambientes nos sectores máis desfavorecidos e pola importante presenza de actores non profesionais, sacados da rúa, como podemos ver na película ¨El ladrón de bicicletas¨.
As películas basadas no neorrealismo móstrannos a situación de Italia na posguerra, vítima da miseria, a violencia… e reflexionan sobre a frustración, pobreza, desesperación…
Debido á escaseza de platós dispoñibles para rodar as películas a partir de 1944 as películas recorreron a espazos naturais, rodadas no exterior, na rúa, coas devastacións da guerra como fondo. Unen o documental e a ficción para mostrar os problemas da sociedade. En ¨El ladrón de bicicletas¨ para a reprodución de espazos interiores Vittorio de Sica recorreu a un precario estudo sen unha das súas paredes.
A intención principal do neorrealismo consistía en reflectir a realidade tal cal era.
Un trazo que se pode ver no neorrealismo é que o acento desprázase do individuo á colectividade.
En canto á historia non hai unha intensa procura, a conclusión é incerta e os problemas son múltiples xa que veñen da situación bélica daquel momento. Os personaxes mantéñense entre o relativo benestar e a miseria absoluta. Elimínanse efectos da montaxe e úsase o plano- secuencia.
Na década dos cincuenta o Neorrealismo foi perdendo forza.
Os historiadores mostran como data final do movemento 1951, cando De Sica fai Umberto D.

ARGUMENTO:

O Ladrón de Bicicletas está situada na cidade de Roma na Italia de posguerra, a cal atopábase pasando penurias debido aos efectos da Segunda Guerra Mundial. O protagonista, Antonio Ricci, un obreiro que se atopaba no paro, consegue traballo como fixador de carteis pero para desempeñar o seu traballo necesitaba unha bicicleta. A súa muller María vende as súas sábanas para conseguir cartos e así poder comprar con eles unha bicicleta. Pero na cidade domina
a fame, os parados e xente de mal vivir e por iso no seu primeiro día de traballo, mentres fixaba carteis, róubanlle a bicicleta. Antonio intenta alcanzar ó ladrón pero éste fuxe e non consegue alcanzalo. Ten que recuper a bicicleta como sexa xa que sen ela quedará sen traballo e non pode permitirse tal cousa xa que a familia estaba pasando por unhas duras condicións de vida que se vivían naquela época de crise (ata o neno de tan só 8 anos traballaba como xornaleiro) e a partir dese momento Antonio e o seu fillo Bruno emprenden unha búsqueda xuntos por toda a cidade e os seus ambientes, desde os máis pobres, ata os máis privilexiados, para recuperar a bicicleta roubada. Mentres emprendían o camiño na procura por encontrar a bicicleta pai e fillo ensinan ao público como é a cidade de Roma, onde viven nese momento, e cómo son os seus habitantes, (xente que se mostra indiferente cara aos problemas dos demais). Antonio recorre cun compañeiro a un mercado onde vendían bicicletas pero non a atopa e despois diríxese a outro mercado onde ve ao ladrón escabullirse entre a xente. Despois de numerosas peripecias, Antonio decide roubar él mesmo unha bicicleta para poder sobrevivir e un día que ía co seu fillo Bruno, tras a súa desesperación, decide roubar unha que se atopaba na rúa perdendo toda a súa honradez e dignidade, pero veno e cólleno,e o neno que presenciaba a escena, consegue que non arresten ao seu pai.A escena final está constituída por unha imaxe depai e fillo camiñando da man,fustrados polos fracasos.


ANALIZANDO A PELÍCULA

Ladri di biciclette é unha película dirixida por Victtorio De Sica no ano 1948, e é o maior exemplo do neorrealismo italiano. Foi rodada despois da II Guerra Mundial contando con actores non profesionais.A búsqueda destes foi moi peculiar pois, De Sica realizou unha elección entre persoas da rúa sen experiencia, para poder así mostrarnos a cruda realidade dende dentro, mostrando unha maior naturalidade.A elección do rapaz que interpretaría o papel de Bruno foi especial, pois os criterios nos que se baseaba o director para elixilo eran simplemente a súa forma de camiñar. É así que o que finalmente pasou a ser o elixido para interpretar o papel , despois dun longo casting, un rapaz que presenciaba a rodaxe da película. O resultado foi verdadeiramente espectacular, pois o fín da película,que non era mais que mostrarnos a cruda realidade da época, foi logrado, era un fín mais que reivindicativo,testimonial,documental…coa intención de mostrar as calumias polas que se pasaba.Este resultado non foi traballo exclusivo dos bos actores que resultaron ser os elixidos para a rodaxe, senón que a eles se lle suman a boa prespectiva de rodaxe das rúas e ambientes da Roma de posguerra, rúas sen decorados artificiais, senón que se rodaba o que había,sen aumentos e sen restrincións, sendo así que os ángulos de cámara de cada plano están en función do que se quere transmitir.

As imaxes que se nos mostran transmiten as necesidades e penurias polas que pasaban os habitantes da cidade.A mostra disto está presente durante toda a rodaxe pois, as escenas mostran, todas elas, unhas con maior intensidade e outras con menor,pero , ao fin e ao cabo, todas elas, a cruel realidade da época.Un exemplo claro destas imaxes é, nada mais empezar a película, a escena do reparto de postos de traballo,algo moi habitual naqueles tempos pois, o traballo, escaseaba, e o paro era cada vez maior, mostrándose unha loita constante do home por sacar adiante a súa familia.Tamén as longas colas polas que había que pasar para subir a un autobús, para acudir a unha casa de empeños, para falar coa vidente…As escenas de rúas cheas de mendigos, prostíbulos e de roubos están tamén moi presentes ao longo da película.Son escenas que mostran ben a Roma de posguerra,planos amplios da cidade azotada pola miseria, e a utilización de efectos como a chuvia, que mostran un nivel mais amplo de dificultade ante os problemas de búsqueda . Os contrastes entre a pobreza e a riqueza deixabase ver en ocasións. Exemplo disto é a sublime escena do restaurante como modo de reconciliación entre pai e fillo,unha escena cruda pero real, onde o neno rico se intenta mostrar superior ante Bruno,o neno pobre. É ésta unha escena que nos mostra ése carisma do pai cara o fillo,ese amor, esa preocupación que o pai sinte ao pensar que ao seu fillo lle pode faltar de algo, esa intención de compracelo en todo canto pode ante a mirada triste do rapaz cando éste mira ao neno rico.Ésta preocupación está presente durante a maior parte do tempo, pois unha imaxe clara disto que se presencia é tamén o momento no que pai e fillo se separan en busca do vello que escapara e que, solo él sabía onde se encontraba o ladrón da bicicleta. É neste momento, na separación para a busca, cando, a causa dun accidente no río onde un rapaz afoga e o cal fai que a atención recaia sobre él, o pai sinta unha angustia inmensa ao pensar que aquel rapaz pode ser o seu fillo.O momento no que o pai se decata de que Bruno, o seu fillo, está presenciando a dura escena dende o alto dunhas escaleiras, transmítenos ese acougo,ese alivio de sentir que o que por instantes pensaches e causaba dor e angustia en ti, non era mais que unha preocupación que surxe do medo a que a persoa que tanto queres lle pase algo, e fainos pensar que,aínda que se pense que nada pode ir peor, sempre hai algo peor na vida.É pois que a relación entre pai e fillo é, durante toda a película algo especial, pois en canto van sucedendo acontecementos, ésta relación vai madurando e evolucionando , o neno aprende algo de cada escena e, esa búsqueda tan desesperada polas rúas, acaban cunha escena impactante na que, pai e fillo da man,emprenden un camiño cheo de contrastes…unha felicidade presente polo final do pai,que non resultou arrestado, e unha tristeza que continúa pola non eficacia da longa búsqueda da bicicleta.

Como escenas a analizar por se trataren de algo moi influencial para a comprensión da película están as escenas que se suceden unha tras outra apartires do momento no cal o roubo da bicicleta se executa.É asi que os planos nos cales o home,desesperado na busca daquelo que tanto necesita,a súa bicicleta, están presentes en todo momento un número moi elevado de bicicletas que pasan por diante del ,e que causan nel unha desesperanza e impotencia ante a súa incapacidade de encontrala e pensando que, aínda que unha morea delas pasen por diante del, él non é capaz de conseguir unha, como algo necesario para a súa supervivencia.Hai dúas escenas mui significativas ao longo da obra tendo como centro as bicicletas.Unha delas é o momento no cal, o neno, no medio do mercado ,coa compañía do seu pai ,buscan desesperdamente a bicicleta.Éste, intentando resguardarse da chuvia que está a caer, tropeza e cae.O neno rápidamente se levanta e en cuestión de segundos,unha chea de bicicletas pasan polo lugar no cal o neno,segundos antes, caera.Inténtasenos mostrar aquí unha situación real do momento que é que, “se te paras, te pisan”, pois se o rapaz non fose tan veloz en levantarse, éste sería atropellado.Unha situación que intenta mostrarnos esto tamén é a secuencia na que o rapaz ronda polo medio da rúa e que apiques estiveron de atropellalo os coches, tirando mais ben para o final da película.

Con respeto a banda sonora ésta é dramática e dolorosa, e intenta situarnos aínda con maior viveza dentro da cruda realidade, tratándose, por decilo dalgún xeito, da esencia mesma da película.Móstranos que é o que sinten os personaxes en cada momento.Añade tensión ás duras situacións e, súmase a esto, os momentos sen diálogos nos cales solo pervive o silencio que,mostran perfectamente,sen unha soa palabra,o significado da escena.

Video onde as diferencias entre as clases sociais son visibles:

CARACTERISTICAS DOS PERSONAXES

.ANTONIO:É o símbolo do home europeo da posguerra.Está angustiado por non poder sacar adiante a súa familia, representa a honrradez ata os límites da necesidade, e mostranos a desesperanza ante a insolidaridade dunha sociedade urbana.

MARÍA:Representa a muller da sociedade machista, que non traballa fora da casa e que se ocupa da familia.É sacrificada e está centrada en solucionar os problemas da familia.Ten a credulidade da masa,vai a ver unha vidente e pon a súa fe en ela para encontrar esperanza.

BRUNO:é moi pequeno , quizais teña uns 8 anos e xa traballa para traer un salario a casa,é moi autónomo e ten actitudes de adulto con respecto ao traballo e a responsabilidade que supón os seus conocementos sobre a mecánica da bicicleta...pero é un neno que necesita admirar ao seu pai e se sinte doido cando o tratan como a un neno ou cando ve ao seu pai acusado en público por roubar.

O LADRÓN: é un mozo xoven, que seguramente roubou por necesidade.

Hai outros personaxes secundarios, como o policía que non lle importaba o roubo dunha simple bicicleta e non trata de ir mais aló do seu deber.

Veciños do ladrón:formaban unha piña ao defender a un dos seus, incluso rozando a ameaza dos mafiosos.

A masa:tan insolidaria que se mostra na búsqueda da bicicleta de Antonio, logo axudan a un rapaz que afoga no río.

O barrendeiro:un home campechano,que ten o seu traballo, e no seu tempo libre pasao cun grupo de teatro...aínda conserva a súa humildade e dalle parte do seu tempo a Antonio para buscar no mercado a bicicleta.

BIBLIOGRAFÍA:

Wikipedia

italica.rai.it

geocities.com

tva.com


(Traballo firmado por L G V e L V C)

No hay comentarios: