
Mais tarde fixemos outro tanto co texto 3, extraído do libro Conceptos fundamentales de sociología, pp. 85-86, de R. Garvía, de Alianza Ed. Nel vimos a noción de poder de Max Weber, da teoría do intercambio, e finalmente a da socioloxía marxiana. Unha vez visto e resumido este texto, pasamos a ler e resumir o texto 4, de Ignacio Molina (en colaboración con S. Delgado), Conceptos fundamentales de ciencia política, pp. 19-20, Alianza Ed., no cal estes autores ofrecían unha aproximación a iso que soemos chamar "ciencia (s) política (s)".
Eses mesmos días, fóra da aula, estivemos tamén buscando información sobre certos autores asociados á creación da socioloxía no s. XIX (Comte, Alexis de Tocqueville,...) e sobre Nicolás Maquiavelo como un autor clave para a aparición do que hoxe se chama ciencia política...
Sen embargo, parece que houbo algún tropezo cando intentamos atopar información clara e breve dos métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía, motivo polo cal introducimos aquí estes enlaces, esperando que podan valer... Do primeiro, que trata sobre os métodos cuantitativos, recomendamos ler e imprimir só o comezo (os seis primeiros parágrafos); do segundo, que trata sobre os métodos cualitativos, recomendamos ler e imprimir só o apartado que leva ese mesmo título ( os termos "observación participante", "investigación-acción" ou "interaccionismo simbólico", que debes ver só como exemplos, certamente poden confundir, pero quedan tamén aquí enlaces para cada un deles por se pica a curiosidade ou alguén quere ir máis alá...).
Rematamos xa con esta entrada, non sen antes detallar un pouco máis o primeiro apartado do Tema 1 que permitirá, esperamos, ubicar sen dificultade toda a información que fomos reunindo:
- 1.a. Definición de socioloxía (textos 1 e 2).
- 1.b. Definición de ciencia política (textos 3 e 4).
- 1.c. Métodos cuantitativos e cualitativos en socioloxía (os enlaces ofrecidos nesta entrada, ou información alternativa similar; o tema 9 da asignatura do curso pasado pode resultar útil se conseguimos relacionar os métodos cuantitativos co método da ciencia natural, e os cualitativos co hermenéutico).
1 comentario:
Estamos continuando co tema e estamos agora no punto catro.Dito punto trata sobre os axentes de socialización, e respondemos aqui as preguntas formuladas na clase:
1.¿ Que é a socialización dunha persona ?
- É o proceso polo cal unha persoa é integrada dentro dunha sociedade adaptandose as suas normas y costumes. Ou o que é o mesmo, relacionarse con as persoas do seu entorno, que acabaran sendo os seus axentes de socialización.
2.Papel de ``status´´ e ``rol´´ na socialización.
-O papel de ``status´´ dentro da socialización é o nivel que cada persoa ocupa nunha sociedade.
-O ``rol´´ é o papel que desempeña cada persona dentro do seu ``status´´, ou o que é o mesmo, o papel que desempeña cada axente de socialización con respecto a outra persoa.
3.Axentes de socialización
-Os axentes de socialización son os que integran a unha persoa dentro da sociedade, das suas normas e costumes.
Estos axentes son:
*Familia
*Grupo de amigos
*Medios de comunicación
*etc...
Iván, Lorena, Laura, Diego
Publicar un comentario