domingo, 19 de octubre de 2008

Marx, Weber, Durkheim

A estas alturas temos xa buscada información sobre varios dos creadores da socioloxía (Comte, Tocqueville, Weber...). Damos entrada hoxe tamén a Marx e a Durkheim. Ímos co primeio:
Karl Marx (Tréveris, Alemaña, 1818, Londres, UK, 1883) é un autor demasiado polifacético como para poder clasificalo con facilidade: economista, historiador, periodista, filósofo, revolucionario... ¿Tamén sociólogo? Pois si, tamén: "Marx é un dos dous ou tres individuos máis responsables da dirección teorética xeral adoptada pola Socioloxía en Europa. Por enriba de todo, o que máis arraigado quedou foi a súa enorme énfasis no carácter de clase social da sociedade. (...) Marx creía que a estructura de clases dunha sociedade desempeñaba un papel estratéxico na formación do resto da súa organización social e cultural. toda a Historia, declaraba, é unha historia de clases e loitas de clases. (...) A cultura intelectual dunha sociedade, incluíndo a súa ciencia, arte e literatura é esencialmente reflexo dos intereses da clase dominante, constituíndo así o que o marxismo denomina unha ideoloxía. La dialéctica del cambio histórico determina que, a través de conflitos internos e contradiccións, cada forma de sociedade vaia morrendo co tempo e sexa reemprazada por unha forma superior. (...) Tamén o capitalismo sería destruído (...). Entonces, por primeira vez na Historia, xurdiría unha sociedade sen clases (...) na que terminaría para sempre a explotación (...). Aínda que esta filosofía milenarista producise un dos maiores impactos revolucionarios e mundiais, é o énfasis do marxismo sobre o determinismo económico no estudo do comportamento social e sobre o carácter de clase da cultura humana, a organización social e o cambio social, o que influíu máis ás ciencias sociais. Resultaría imposible explicar o gran énfasis da Socioloxía, tanto contemporánea como anterior, na estratificación social, de non ser pola poderosa influencia de Marx durante o pasado século XIX" (Robert Nisbet, Introducción a la sociología, Vicens-Vives, 1982).
De Weber (Alemaña, 1864-1920) tes información na entrada anterior.
Sobre Durkheim (1858-1917, francés) hai moita información na rede, pero este enlace que aquí ofrecemos ten de positivo a súa brevedade...

No hay comentarios: