lunes, 22 de diciembre de 2008

TOCQUEVILLE, "LA DÉMOCRATIE EN AMÉRIQUE": ACTIVIDADES PARA NADAL

Propoñemos aquí certas actividades para ir facendo en Nadal. Son totalmente VOLUNTARIAS, e naturalmente que facelas ben terá o seu correspondente recoñecemento.
Trátase de facer unha busca ao longo dos volumes I e/ou II da obra de Tocqueville que estamos a ler. Cando atopes un fragmento de aproximadamente vinte páxinas que vexas de interese para ser lido e debatido por todos na aula:
  1. Sinala aquí, no blog, nun comentario debaixo desta mesma entrada, o volume, as páxinas do comezo e final do fragmento, e o título do capítulo, apartado, etc., de que se trata.
  2. A continuación, escribe un resumo obxectivo -sen opinar, engadir nin criticar- dos contidos dese fragmento, destacando a súa tese principal (a que o autor pretende subliñar ou demostrar).
  3. Finalmente, engade unha breve valoración persoal, incluso subxectiva, de por que cres ti de interese para o grupo de ICCPPS a lectura e debate do fragmento escollido.
Non olvides firmar ao final do comentario. Podes, se queres, facelo coas túas iniciais (apelido, apelido, nome).
Noutro(s) comentario(s) distinto(s), á parte, podes incluír algo semellante referido a outro(s) fragmento(s), e coa mesma finalidade.

Noutro orde de cousas. Incluímos tamén aquí o mapa de EE UU nos tempos da Guerra de Secesión, posterior no tempo á obra de Tocqueville, claro. E tamén a bandeira dos "sudistas", os Estados do Sur, da que ás veces falamos na aula e que, sen dúbida, agora si recoñeceredes...Mapa da Guerra de Secesión (1861-65)

(Bandeira dos "sudistas")

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Fragmento da obra "La democracia en América" s. XIX de Alexis de Tocqueville:
- Volume: segundo
- Páxs. 245 – 274 (terceira parte) Dende “influencia de la democracia sobre la familia” ata “como conciben los americanos la igualdad del hombre y la mujer“.

Síntese do fragmento:
A democracia fai que a familia sexa máis humana e que a relación pai fillo sexa máis fluída, de xeito que, a democracia favorece a unión emocional da familia; aínda que a reduce no ámbito social. En relación con isto, a democracia tamén afecta á vida das mulleres, polo que no caso das americanas lles permitiría gozar dunha gran independencia, xa dende nenas; mentres que as europeas continúan estando sometidas á autoridade masculina , primeiro do pai e despois do home. Por iso, as americanas casan máis tarde, pero cando o fan son perfectas coñecedoras do control que isto supón; as europeas, pola contra, casan máis novas, a través de matrimonios concertados nos que priman os intereses materiais. Polo que, as diferenzas entre ambas non só se limitan ás introducidas na sociedade, senón tamén a elas mesmas. Ademais, a igualdade entre o home e a muller , nas sociedades democráticas fai que ambos, en caso de matrimonio, se unan máis, pois a igualdade entendida polos americanos, supoñía que cada un desenvolvese as súas tarefas, o mellor posible, pero que poidese intervir nas do outro. E dita igualdade nacería de valorar a ambos por igual, pero sabendo as diferentas existentes. Deste xeito, nunha sociedade capitalista dita distinción de tarefas estaría determinada pola búsqueda da eficiencia familiar e económica.

Interese para a aula:
O tema paréceme interesante para a clase, dado que é importante coñecer a evolución das relacións familiares ó longo da historia, así como, os cambios relativos á situación das mulleres nos distintos lugares, para poder comprender os porqués da actual configuración da sociedade.

D.F. dijo...

Moitas gracias, I. (V.F.). Isto si que é rapidez. Boa elección, dito sexa de paso. Creo que dará bastante xogo e será ben recibida polo grupo...
Por certo, temos no blog unha "seguidora", e certamente... exótica (mira na columna da dereita, ode está Augusto, pero abaixo)
Boas festas. Pásao ben.
(¿Que tal a película?).

Anónimo dijo...

“La democracia en América” Alexis de Toqueville.

-O fragmento escollido pertence ao segundo volume.
-As páxinas destacadas atópanse na terceira parte: “Influencia de la democracia sobre las costumbres propiamente dichas”(207-237).
Os capítulos destacados comezan co primeiro da terceira parte
“Cómo se dulcifican las costumbres a medida que se igualan las condiciones sociales” ata o capítulo titulado “Cómo modifica la democracia las relaciones entre señor y criado”

Síntese do fragmento:
A democracia favorece a igualdade e ao mesmo tempo mellora as relacións entre as persoas, mentres que nun sistema aristocrático as desigualdades ocasionan que as relacións que se leven a cabo sexan máis cuestionadas e se realicen soamente dentro das mesmas clases sociais e non entre persoas de diferente status. Un americano trata a tódalas persoas por igual e non fai distincións cos demais, nin espera que os demais as fagan con el. Deste xeito os americanos son bastante diferentes aos europeos da época polo que un americano é sinxelo e tolerante no seu país, pero no noso país móstrase mais esixente no trato, cando en realidade isto ven causado polo feito de que no seu país as distincións aristocráticas non deixaron tanta pegada.
A democracia ademais de conceder liberdade tamén favorece a debilidade entre as persoas e as fai máis humanas. As relacións entre señores e criados son moi diferentes dependendo de si se trata dun país aristocrático ou democrático. Nos sistemas aristocráticos existen dúas clases ben diferenciadas; os señores e os criados. Ambas clases manteranse co paso do tempo coas futuras xeracións e sen grandes cambios e os señores exercerán un gran poder sobre os seus criados. Pola contra, nunha democracia, amo e criado son seres iguais dentro da sociedade, polo que as relacións entre estes cambian e os papeis que estes levan a cabo poden ser intercambiados. Nunha democracia o traballo de servente elíxese libremente e este non pode ser considerado como algo inferior.


Interese para a aula:
Paréceme importante destacar as diferentes relacións que se dan entre as persoas. Estas sempre foron moi importantes no pasado e o son nos tempos actuais. Coñecer como eran as relacións noutra época ou noutros lugares diferentes pode contribuír a entender as diferentes relacións levadas a cabo na actualidade.

D.F. dijo...

Gracias e benvida, I. (C.O.). Xa comezaba a pensar que isto era só cousa de dous... Creo que é unha moi boa elección, e que virá de perlas para o seguinte tema que veremos en Xaneiro (estratificación social, etc.).
Non olvides a película, e non deixes de intentar aplicar a lectura de Tocquevile da que aquí falas á análise e crítica do filme de Vidor, na medida que poidas, claro. Tampouco deixes pasar a posibilidade de iniciar comentarios cruzados cos teus compañeiros. É outra opción, simplemente...
Un saúdo. (Lembra o que se di do día 3 de Xaneiro como "tope" das actividades de momento propostas sobre a película. Boas festas).

Anónimo dijo...

“La democracia en América” Alexis de Tocqueville.

-O fragmento escollido pertence ao segundo volumen.
-As páxinas destacadas atópanse na cuarta parte: “De la influencia que ejercen las ideas y los sentimientos democráticos sobre la sociedad política” (367-386).
-Os capítulos destacados comezan co primeiro da cuarta parte: “La igualdad suscita naturalmente a los hombres el gusto por las instituciones libres” ata o capítulo titulado “De algunas causas particulares y accidentales que llevan finalmente a un pueblo democrático a centralizar el poder, o que se lo impiden”.

Resumo obxectivo

A igualdade entre os homes orixina neles o gusto por facer o que a súa vontade desexa, o que implica que se apoien en políticas liberais, pensando así na independencia. Esta pode levarnos á anarquía, pero tamén á servidume.
A noción de poderes presentábase de forma natural, pois tales poderes dependían do linaxe, a riqueza... polo que eran individuos destinados a mandar. Pero esta noción non sería a mesma en séculos igualitarios, pois chegar ao poder producíase artificialmente.
Os pobos democráticos apoiaban un modelo de lexislación uniforme, onde non existían diferenzas de ningún tipo. Isto non foi sempre así, xa que aínda existindo individuos semellantes, a estes, asignábanselles dereitos e deberes diferentes, e hoxe en día (para Tocqueville), inténtase igualar as condicións sociais sen que exista ningún parecido cos individuos necesariamente. Ao fín e ao cabo, a medida que se igualan as condicións sociais , os pobos democráticos, querían centralizar o poder no pobo, un poder que consideran ilimitado, observando así a incapacidade de aplicar uniformemente unha mesma lei en todo o estado. Mentres en Europa, rexeitaban o principio de soberanía do pobo. A unidade, omnipotencia do poder social, uniformidade das súas regras... caracterizaban os sistemas políticos deses tempos.
Os homes disputaban en quen sería depositada a soberanía e conviñan nos dereitos e deberes de tal soberanía.
Os cidadáns dos países democráticos, só atendían aos seus asuntos particulares, deixando os comúns ao estado. Deste xeito, debido ao desinterés pola política por parte dos individuos, cedían novos dereitos ao poder central, ou permitían que éste se apropiase deles, fomentándose así a concentración de poder. Querían gozar da súa independencia, pero á súa vez, a súa debilidade facíalles sentir a necesidade dun apoio exterior, o poder central, o que mostra inclinacións contrarias por parte do individuo.
Os pobos democráticos, poden tender á centralización dos poderes dun xeito desigual, se os homes viviron en liberdade durante moito tempo, nunca perderían a súa independencia, en cambio, se nunca coñecesen a liberdade, todos os poderes acumularíanse no estado.
A centralización non se desenvolvía nun pobo democrático só polo progreso da igualdade, senón tamén polo xeito en que aquela igualdade se establecía. Nunha nación democrática, o poder administrativo do estado é o único capacitado para a administración, mentres nunha nación aristocrática, todos están igualmente capacitados para levala a cabo.
Nas guerras é como mellor se obsérva esa centralización de poder por parte do estado, nas cales tamén é preciso concentrar os recursos necesarios para aumentar así o seu poder. Así o temor á desorde e o desexo de benestar, levan aos pobos democráticos a aumentar as retribucións do goberno central, único poder que lles parece capaz de protexelos fronte á anarquía. Nas sociedades democráticas a centralización sempre será maior canto menos aristocrático sexa o soberano.

Interese para clase:
Penso que é interesante para a clase por que nos fai ver a importancia das liberdades políticas e a democracia no mundo actual, en comparación coa América de Tocqueville.

Anónimo dijo...

"La democracia en América" de Alexis de Tocqueville.
- O fragmento pertence o segundo volume.
- As páxinas do comezo e final do fragmento van dende a 337 ata a 358 e atópanse na terceira parte.
- Os capítulos que abarca o fragmento van dende "Por qué los pueblos democráticos desean naturalmente la paz y sus ejercitos la guerra" ata "De la disciplina en los ejercitos democráticos".

Resumo obxectivo do fragmento:

Este fragmento dividese en 4 partes:
Na primeira compara os exércitos democráticos cos exércitos aristocráticos.
Nos exércitos democráticos só se vai ascendendo de rango cando hai unha guerra o fan algo victorioso en cambio nos aristocráticos a súa condición social xa converte ó ciudadano en oficial se é nobre e en soldado se é servo.
Nos exércitos democráticos o deseo de ascender e xeral e continuo e é moi lento o ascenso en tempos de paz. Por ello a ambición por ascender fai que o exército democrático ansíe a guerra, aínda que a sociedade democrática esté sempre en contra porque a guerra pon en perigo o seu benestar social.
A segunda parte trata sobre cal é a clase máis aguerrida e revolucionaria nos exércitos democráticos: Os suboficiais, esta clase son na sociedade os que máis ansían a guerra ou algunha revolución para poner ascender e ser valorados coma os oficiais.
A terceira parte conta como os exércitos democráticos son máis débiles nunha guerra corta ou ó comezo dunha guerra longa porque cando hai un longo período de paz os exércitos democráticos estan constituídos por oficiais vellos e soldados xovenes, dada esta situación son moi vulnerables. Pero se a guerra prolongase os vellos irán morrendo e os soldados van facendose fortes e convertense en oficiais que xa pasaron unha guerra facendose ese exército moi forte e temible en guerras de longa duración.
A cuarta parte trata sobre a disciplina nos exércitos democráticos que non débe tratar de impedir ó libre impulso dos individuos e só pode aspirar a dirixilos. A disciplina do exército democrático afirmase ante o enimigo porque o soldado ve claramente que hai que calar e obedecer para lograr a victoria.

Interese para a aula:

Pode ser interesante para entender porqué os militares americanos soen meterse en todas as guerras que hai polo mundo, e entender que a sociedade americana non está dacordo moitas veces.
Penso que é un tema de interese falar de porqué nunha sociedade na que hai paz é necesario ter un exército.

L,C, R dijo...

1)Datos
Volume: 1
Primera parte:"La Democracia en América"
Capítulo dos(pag:60-84).”el punto de partida y de su importancia del porvenir de los angloamericanos”.

El capitlo hace un analises de el nacimiento de las naciones y de cómo ello determina su futuro y el de sus habitantes.



2)Resumen
El capitulo examina de forma analitica las personas que va viendo, tomando como referencia al princpio un ser vivo que nace,crece…etc y lo compara con una nación.
Este capitulo intenta hacer un estudio innovador,estudia una nación en su nacimiento(América es como un bebe que nace) El cree que una nación está determinada por como nace.
“Que no hay opinión ni una costumbre ni una ley diria incluso que ni un solo acontecimiento que el punto de partida no explique sin dificultad” esta frase es muy relevante ya que para el propio autor,toda explicación del presente o del futuro està en el nacimiento, de tal modo que, por ejemplo, las leyes son como son debido a las caracteristicas de los ciudadanos que los crearon.
Asi el autor va explicando como se configuran las leyes,la religión...todos los que llegaban a América tenían su propia lengua,religión;y una vez allì tuvieron que convivir todos juntos.
Èl propio autor observa un fenómeno un poco “contradictorio” y es que a pesar de las diferencias de los distintos grupos de inmigrantes tenían un sentimiento en común que era la igualdad (algo que contrasta en la relación colonizada y colonizador)
Y con el tiempo el terreno Américano se fue dividiendo en pequeñas unidades propiedades de familias o de estados y cada una con un marcado carácter.
Se nos habla de que surge la esclavitud y el autor no está de acuerdo, lo razona diciendo que “es una deshonra el trabajo introduce el ocio en la sociedad,la ignorancia,el orgullo,la pobreza y el lujo y todo "adormece" la inteligencia”.
Se nos habla de los principios sobre los que se funda la teoría social de los Estados Unidos. De que es la cultura de las colonias inglesas del Norte la que más se expande.Lo que se expande desde éstas colonias es “el puritanismo” y se nos cuenta como la gente que venía de Inglaterra venia con esa idea,porque era el momento político y religioso que estaban viviendo ,y cuando la gente emigraba trasladaba esas ideas a las colonias inglesas.

Otro punto del que trata este capitulo es de diferentes aspectos “la legislación penal de diferentes estados” por ejemplo CONNECTICUT.Se nos cuenta que los mayores de dieciséis años estaban obligados a restar servicio de armas.
El autor trata la formación del “municipio”y lo analiza como unidad política, habla de las funciones de los magistrados,por ejemplo que los padres mandan a sus hijos a la escuela.
El autor considera que el mundo moral se encuentra decidido de ante mano(por la herencia recibida de las ideas predominantes en Inglaterra en este caso)pero el mundo políticio está agitado,es un poco incluso caótico, porque son demasiadas las aspiraciones que se tienen y saber combinarlas todas es muy difícil.
Por ùltimo en el capítulo hace un muy breve resumen para el lector,intentando explicar las distintas peculiaridades de las leyes y las costumbres de “América”,habla de leyes que son muy distintas entres Inglaterra y Nueva Inglaterra debido a su distinto origen que marca el resultado del futuro.




3)Valoración personal
Para mi es un libro difícil de razonar porque habla de una situación social y politica distinta a lo que hasta ese momento era habitual.
Habla de leyes,de unidades politicas,de costumbres que se van formando.Una nación si que es producto de cómo surge pero eso no la condiciona absoilutamente porque la historia y los acontecimientos van marcando un tiempo.En mi opinión tambies es importante el lenguaje,màs que el lenguaje, el idioma, podriamos decir,que las personas se entiendan en cualquier partre del mundo y eso produce igualdad en un mundo diverso,y esto sigue pasando hoy en dia.
Pienso que es importante para debatir en nuestra clase porque habla de uno de los objectos más importantes que intenta definir la ciencia política que es que ès un estado,una nacion.Como se forma,como se comporta,que la condiciona…y eso es algo muy útil para el mundo de hoy dado que está muy poco definido que es una naciòn.
Me parece interesantisimo que alguien (Tocqueville)hubiera analizdo el principio de una naciòn y hoy por hoy podemos ver a donde ha llegado porque hoy América sigue siendo una realidad,y para eso tiene que servir la historia para aprender de ella y para comparar.

D.F. dijo...

Resposta para R. (L.G.): Recibido. Perdón pola tardanza, pero un estivo, como L., máis alá de Internet uns días. Iso si é metafísica..
Sen dúbida tamén é o teu un fragmento de interese, e polo que un pode ver, tivo que ser difícil de resumir, ¿ou? Creo que si. Gracias polo teu traballo, R. E como xa fixemos con I. e I., insistimos: non deixes de considerar a posibilidade de comentarios cruzados: podes e debes ler os dos teus compañeiros, aquí ou en calquera entrada, e opinar sobre o que eles din, etc. Aí reside o maior interese dun blog desta natureza. Se non, ¿para que?
Un saúdo. Supoño que haberá algo da túa colleita na seguinte entrada. Feliz ano.

D.F. dijo...

E resposta a R. (L.C.), finalmente: Tamén a ti teño que pedir disculpas pola miña tardanza, debido a circunstancias que facían imposible tomar contacto con Internet. Perdón, pois.
Polo demais, gracias polo fragmento que sinalas, e gracias polo traballo. Tocas "demasiados palos", e non sei moi ben que dicir. O fragmento contén moitas cousas de interese, e algún forma parte de futuros temas da asignatura, como a noción de nación, que no seu día abordaremos.
Espero "verte" tamén na seguinte entrada dedicada ao film. Non olvides ler tamén os comentarios e propostas dos teus compañeiros e entrar en diálogo con eles -se queres, claro- neste apartado de cometarios, ou noutro de entradas posteriores. O diálogos entre nós é posiblemente o máis interesante deste blog.
Gracias e un saúdo. Bo ano!

D.F. dijo...

E tamén a resposta para L. (G.V.): Perdón, tamén. Gracias polo teu esforzo e polo teu comentario. O fragmento escollido xa o tiña un pensado como posible, porque ten interese, creo. As partes I e II poden ser relacionadas, penso, cos comportamentos de certos militares dos EE UU na época das guerras indias -posteriores, desde logo, á época da viaxe de Tocqueville-, comportamentos que todos podemos ver nas vellas películas do Oeste da época de Maricastaña -de Ford, por exemplo, en branco e negro-, sinal de que os propios EE UU poden ser, e son, autocríticos.
En calquera caso, benvida a túa proposta. Gracias, L. Boas festas.

Anónimo dijo...

ALEXIS DE TOQUEVILLE.LA DEMOCRACIA EN AMÉRICA,2

Puntos elegidos:tercera parte (10, 12, 13)

La elección que he llevado a cabo fue el centrarme en el tema de la igualdad desde el punto de ista de Toqueville, gracias a su experiencia en esas tierras.
En general,la postura marcada por el autor en estos fragmentos ha sido la constante comparación entre el pensamiento y las formas de actuación del pueblo americano y el europeo,en función de sus costumbres,cultura.
A ese concepto de igualdad se le antempone el paso de la mujer de un estado de solterío al de casado, paso marcado por una gran madurez a la llegada del matrimonio en el pueblo americano,madurez alcanzada por la libertad de la que se goza en el estado de solterío, en comparación de lo que ocurre en el puebo europeo.
Es así que también se manifiesta a lo largo de los fragmentos,el contraste que Toqueville establece entre la concepción de la igualdad entre el hombre y la mujer en los pueblos americanos y europeos.
Es en América, la mujer, una persona a la que se le ofrece un profundo respeto, y a la vez, ésta, sometida, con la llegada del matrimonio, a renunciar a diferentes aspectos de la vida,no pierde el orgullo en ningún momento de su actividad.
Los contrastes que Toqueville lleva a cabo entre la concepción americana y la europea está en función de la separación de los oficios por sexos,siendo en el pueblo americano algo realmente marcado pues, su mentalidad, sus costumbres, les dice que no se puede unir aquello que la naturaleza creó separado,como es el caso del hombre y la mujer.
Por lo contrario,Toqueville manifiesta como un reproche a lo que en europa sucede, pues allí, esa separación de los oficios no existe.
Es cierto que la situación del pueblo americano conduce a la mujer un limitado círculo familiar y del hogar,pero establece que es algo voluntario,nunca impuesto por la fuerza, pues es su cultura la que les conduce y condiciona.
Con respeto a esta”igualdad”, establece que la experiencia en esas tierras le ha demostrado que en el caso de los americanos, es ésta igualdad,la causante se la división natural de las personas en infinidad de sociedades particulares,creadas con una finalidad común a todos que conllevan a la extración a la vida personal, de personas de este grupo común, formando un círculo exterior, un círculo mas personal, de amigos.Esta situación es diferente en Europa, pues este concepto de igualdad no interviene de la misma forma.
Toqueville establece que esto se produce por las diferencias existentes entre las personas.Es pues para éste,el concepto de igualdad, algo relativo y distinto en cada pueblo o lugar, siendo un factor determinante las costumbres y culturas.

-VALORACIÓN Y OPINIÓN PERSONAL

Mi elección ha sido el tema de la igualdad entre sexos porque,aparte de parecerme muy interesante las prespectivasrespeto a este tema, que Toqueville ofrece a lo largo de los fragmentos, es un tema realmente presente en la actualidad.
Creo que resultaría interesante hacer conocimiento de estas concepciones en la clase, pues puede resultar un buen tema a la hora de expresar lo que pensamos y comentar nuestros conocimientos respeto a el.
Puede también ser analizado de forma evolutiva, pues asi como observar cuales fueron los cambios en las concepciones de los distintos pueblos respeto este tema, si es que existen, y en caso de que así sea, opinar sobre si fueron cambios positivos o no.
Es por esto por lo que me decanté por este tema.Espero que sea bien acojido por todos y se saque algo de provecho a mi elección.

Anónimo dijo...

Resumo de “La democracia en América,1”de Tocqueville
Capítulo 10: “CONSIDERACIONES SOBRE LAS TRES RAZAS QUE HABITAN LOS ESTADOS UNIDOS”.

No territorio estadounidense, Tocqueville diferenciaba tres razas distintas, ata case inimigas, con trazos externos, orixes, leis e educación diferentes. Teriamos que falar do home branco (o europeo), e por baixo del, o negro e o indio, cunha posición igualmente inferior no país. O europeo utilízaos no seu proveito, pois os negros son escravos e servos, perdendo así os seus dereitos.
Aos negros a miúdo comprábaselles desde que estaban no ventre das súas nais, para ser convertidos xa desde o seu nacemento en escravos. A súa existencia era propiedade do amo. Se chegaban a ser libres, a independencia parecíalles unha cadea máis pesada que a esclavitude, xa que aprenderon a someterse a todo e carecen de coñecementos para resistir as necesidades da vida.
Antes da chegada dos brancos, as razas indias vivían nos bosques, levando unha vida salvaxe. Os europeos os dispersaron por distintos desertos, condenándoos a unha vida vagabunda e chea de miseria. As razas indias volvéronse máis bárbaras a medida que se facían máis desgraciadas e nunca puideron sometelas.
O negro intentaba introducirse na sociedade, pero ésta rexeitábao malia que imitaba os seus opresores, pero os seus trazos descubrían mostras de esclavitude.
O indio, pola contra, rexeitaba a civilización lonxe de querer doblegar os seus costumes os dos europeos.
En ocasións se vían reunidas nos mesmos lugares ás tres razas humanas que poblaban América do Norte. Podíase apreciar a superioridade dos brancos cara os negros e indios, pero aínda así existía algún lazo de afecto que unía os oprimidos e opresores.
Todas as tribos indias que noutro tempo habitaban o territorio de Nova Inglaterra foron destruídas. Os indios fabricaban para as súas necesidades. Os europeos introduciron novidades de fabricación creando novos gustos, o que fixo que os indios recorresen á industria branca, pois non aprenderon a arte de satisfacer eses gustos. Desde ese momento comezou un intercambio comercial entre ambas razas. As necesidades dos indíxenas aumentaban e os seus recursos decrecían. Os indios apenas atopaban medios de subsistencia polo que non atopaban máis que miseria e morte, partindo enton do seu territorio. Perden a súa patria, lazos sociais, o pobo divídese, o nome común pérdese... deixando así de existir. Só tiñan así dous camiños de salvación, a guerra ou a civilización.
O máis temible dos males que ameazaba o futuro dos Estados Unidos, nacía da presenza dos negros, a esclavitude. O escravo pertencía á mesma raza que o amo e a miúdo superábao en educación e cultura, só a liberdade separábaos.
Logo de haber abolido a esclavitude quedaban aínda así prexuicios por destruír: o prexuicio do amo, da raza, do branco, etc. Nos Estados Unidos existía unha barreira legal que separaba ás dúas razas. A esclavitude tendía a reducirse pero o prexuicio permanecía inmóbil.
O prexuicio racial parece máis forte nos estados que aboliran a esclavitude, que naqueles onde a esclavitude seguia existindo, e en ningún sitio dáse con tanta intolerancia como nos estados que sempre descoñeceron a servidume. Ata poderiamos dicir que a opinión declarada infame ao branco, que se unía a unha negra, se un negro presentábase a votar, arriscaríase a perder a vida, os fillos dos negros estaban excluídos da escola onde ían descendentes europeos, o negro tiña os seus sacerdotes e templos, etc. O negro é libre pero non podía compartir nin os dereitos, nin praceres, nin traballos...
Así, nos Estados Unidos o prexuicio que rexeitaba os negros, parecía aumentar a medida que éstes deixaban de ser escravos, e a desigualdade se gravaba nos costumes a medida que se borraba das leis.
Desde un punto de vista económico, a xente do norte abandonaba a esclavitude, pero os escravos eran vendidos ao sur, pois eran unha carga económica, xa que os había que coidar e manter á súa familia. Desta forma observábase o capitalismo do norte fronte ao sistema feudal do sur.
A lei protexía ás persoas, pero os costumes ían en contra do que antes fose escravo.

Anónimo dijo...

A lo largo de los capítulos leídos, Tocqueville realiza una síntesis de la situación de las mujeres en los EEUU; tomando como referencia su visita realizada a dicho país entorno a 1830.
Lo cierto es que aunque sus descripciones y argumentos parezcan trasnochados con respecto a la actualidad; reflejan una cierta modernidad con respecto a las costumbres relacionadas con la mujer. Pues mientras la dureza de éstas se reducía para las americanas, las europeas de entonces continuaban estando sometidas a la autoridad de sus padres y maridos. Esto permitía que las americanas se casasen más tarde y con mayores conocimientos, pero determinados ámbitos continuaban siendo dominados por el hombre como por ejemplo la actividad fuera del hogar. Aun así hay muchos aspectos en los que las mujeres eran tratadas discriminatoriamente con respecto al hombre. Además en muchos casos se llega a definir a las mujeres como las causantes de la lujuria en los hombres, por ello en función de si estaban casadas o no eran tratadas de un modo u otro por éstos. La evolución en la situación de la mujer fue por tanto, más precoz en América que en Europa lo que explica las diferencias actuales al respecto. Pues en la actualidad aunque las diferencias son menos acusadas continúan existiendo, de ahí, que las jóvenes americanas experimenten una mayor libertad y un menor apego a la tradición que las europeas; aun así no se puede olvidar que las cosas han cambiado mucho desde entonces.