lunes, 22 de diciembre de 2008

KING VIDOR (dir.), "THE CROWD" (film; EE UU, 1928)

Propoñemos tamén para Nadal, e outra vez como actividade VOLUNTARIA, a visión, análise e comentario da película "The Crowd" (en España coñecida como "Y el mundo marcha").
Presentamos aquí o fragmento I da mesma, traída desde o inevitable YouTube. A película completa, cos breves e sinxelos textos incluídos, en inglés, pero facilmente entendibles por calquera alumno de segundo de bacharelato -por outro lado, ¡que marabillosos dicionarios hai, meu Deus!-. Para seguir disfrutando do film só hai que ir a YouTube, ou ben premendo dúas veces no vídeo aquí presente, ou indo directamente a YouTube, por descontado. Logo todo consiste en ir fragmento a fragmento, sen saltar ningún (ollo con iso). Son once, se non falla a memoria...
Neste enlace atoparás algo de información sobre King Vidor -podes, non obsante, buscar algo máis pola túa conta, pero lembra que esta actividade non consiste en reproducir infomación coleccionada de aquí e alá, senón que é algo máis ben "creativo"-, e neste outro, a ficha sobre a película en cuestión.
recomendamos vela máis dunha vez antes de comezar a elaborar as actividades, ou polo menos ver un par de veces as escenas máis significativas ou escuras. E mirala(s) coa mirada adecuada: estamos no comezo do cine, cos pioneiros, nun cine "distinto", "mudo", cun tipo de actuación, de ritmo, de escenarios, de utilización da música, etc., di-fe-ren-tes. hai que facer un esforzo... "hermenéutico" -de interpretación- que vale a pena. Quen salirá gañando... serás ti.

CLAVES: Imaxinación sociolóxica; busca de elementos ou temas dos trabalados na aula (temas, textos, lecturas, diálogos,...); aproximación á película desde un punto de vista sociolóxico-politolóxico, etc. Non olvidemos tampouco a Tocqueville, por favor: lembra de que país fala a súa obra...

ACTIVIDADES CONCRETAS: Son para escribir neste blog, e como comentarios a esta entrada na que estás agora mesmo:
  1. Resumo en poucas liñas do argumento da obra. Engade tamén o que o autor/os autores pretende/n trnasmitir con ela.
  2. Valoración persoal da película: artística (si: ¿por que non?), de contidos, linguaxe cinematográfica, emocións, etc. Pero sobre todo, recorda que esta valoración, ou estas valoracións DEBEN ESTAR ARGUMENTADAS, baseadas en razóns, explicadas.
  3. Comentario-explicación da película tendo en conta os tópicos, temas, elementos, textos, etc., estudiados ata o momento na aula.
NOTA MOI IMPORATANTE: O próximo día 3 de Xaneiro, aproximadamente entre as dúas e as catro da tarde, será publicada neste blog unha entrada con outra actividade sobre este mesmo film ("The Crowd").

14 comentarios:

Anónimo dijo...

“The Crowd” King Vidor
1.Resumo
O 4 de xullo de 1900, coincidindo co 124 aniversario da independencia de América, nace John Sims, quen tras finalizar os seus estudos, marcharía a Nova York en busca dun futuro brillante. Comezaría a traballar como contable, nunha gran empresa, e pronto coñecería a súa muller Mary coa que tería un fillo e unha filla . A pesar de ser feliz, John non podía esquecer as súas pretensión de ser importante polo que, adoitaba pasar por períodos de gran desesperanza, agudizados coa morte da súa filla, atropelada. Isto debilitaba o seu matrimonio, sobre todo, tras perder o seu traballo, pois comezou a pasar dun a outro. Cando parecía que a ruptura do matrimonio non tiña solución e John xa pensaba no suicidio, a presenza do seu fillo axudoulle a animarse e a buscar un novo traballo; que lle permitiría recuperar a confianza da súa muller.
Probablemente, o autor pretendese transmitir, que as sociedades están compostas de gran número de persoas diferentes e desiguais “a multitude” e que é moi difícil que cada un loite polas súas aspiracións e polos seus ideais sen deixarse levar polas presións do conxunto. En definitiva, nunha sociedade é moi fácil pasar desapercibido, pero moi difícil destacar individualmente, pois son moitos os aspirantes.

2. Valoración persoal
Aínda que, nun principio non parecía moi entretida , pouco a pouco o argumento vai enganchando e é ao final onde un, se decata do seu verdadeiro sentido. Pois ao principio, a trama desenvólvese sen aparentes sobresaltos, despois as cousas comezan a cambiar e os acontecementos poñen de manifesto aspectos psicolóxicos, sociais, etc. que engaden ritmo ao relato. Con respecto á música, considero que xoga un papel importante, pois ao tratarse dunha película muda é a encargada de ambientar e favorecer a comprensión dos contidos. Outro dos aspectos que me gustaría destacar son as imaxes e as paisaxes, porque a pesar de ser en Branco e negro aparecen bastante definidas e reais . Polo que, en xeral, a linguaxe cinematográfica, é fácil de comprender, aínda que nalguhas ocasións resulta complicada ao estar acostumbrada ás películas dialogadas. A emotividade concentraríase especialmente na parte final, xa que é onde as pesonaxes amosan máis claramente os aspectos sentimentais e onde se suceden a maior cantidade de cambios, neste sentido. En conclusión, a película está bastante ben,a pesar de ser antigua e carecer de diálogos.

3. Comentario dos aspectos sociolóxicos
Ao longo da trama pódense observar diferentes aspectos sociólóxicos, vistos na clase, que quedan dalgun xeito reflexados, no propio título da mesma. Ao comezo preséntase máis ou menos a relación dentro dun “grupo de pares” existente entre John e os seus amigos e tamén o feito de que as expectativas postas por un pai no seu fillo poden chegar a condicionar o seu futuro (Tocqueville). Outro dos aspectos que queda patente é o individualismo das sociedades capitalistas e como nestas, existe unha forte necesidade de triunfo para reafirmar a propia persoalidade fronte a colectividade; tema bastante aludido por Tocqueville (s.XIX) na súa contraposición entre o Norte e o sur dos EEUU. En relación con isto, a burocratización é tamén evidente na película, a través da relación que o protagonista mantén cos seus xefes,etc.(Weber s.XIX- XX) xa que é indispensable nas sociedades modernas, debido á complexidade das mesmas. Pero sen dúbida, un dos puntos máis destacados na película , en relación coa socioloxía é o vínculo entre o home e a muller, así como, a distinción de tarefas entre ambos e a separación de ambos por sexos en determinadas situacións como: cando tras a morte da nena Mary é consolada polas mulleres; mentres John o é polos homes ou como se observa ao longo da película onde é sempre a muller a que realiza as tarefas domésticas, aspecto transladable ao hospital onde as enfermeiras son só mulleres; mentres os médicos son só homes. Polo que, é fácilmente observable as distincións existentes entre ambos sexos; (Tocqueville) incluso relativa á forma de vestir onde en ningun momento aparece unha muller con patalón. En conclusión , os aspectos máis destacados, en relación coa socioloxía serían a influencia da sociedade na conducta humana e as distincións entre os homes e as mulleres, co fin de acadar o máximo rendemento social e económico.

D.F. dijo...

Unha vez máis, gracias, I. (V.F.), pola colaboración... e a rapidez, rara nestas datas. Interesante e detallado comentario, que esperemos non sexa o único e sirva ademais para crear no futuro outros comentarios cruzados. Explícome: Podemos ir máis alá e opinar sobre as respostas dos demais, se queremos, por descontado.
Non entendín moi ben o dos pantalóns, dada a época; non sei... En calquera caso, entrando nos roles e actitudes das mulleres, talvez tería interese intentar recoñecer as análises de Tocquevile sobre as mulleres estadounidenses das que falabas o outro día nas personaxes do film de Vidor. ¿Ou é moito? Só é unha idea. Todo depende do teu tempo e vontade...
Un saúdo, e gracias outra vez. (¿As películas mudas son o que creías que eran?).

Anónimo dijo...

“A democracia en América” e “The Crowd” en relación coa muller.

Realmente moitos dos aspectos relatados por Tocqueville na súa obra, con respeto á posición da muller na sociedade americana aparecen personificados na película de Vidor, a través da personaxe de Mary. Aínda que, a análise de Tocqueville corresponde ao 1831 e a película estaría ambientada no comezo do século XX.
Alguns dos aspectos nos que ambas obras coinciden, neste sentido, serían: A aparente independencia da que gozaba a muller americana, para elixir tanto ao seu marido, (John) como para traballar fóra da casa e casar sendo coñecedora do que isto supoñía; xa que non adoitaban facelo tan xóvenes como as europeas. Ademáis, eran emprendedoras e sabían ben o que lles conviña (Mary decide deixar a John, porque non daba atopado traballo estable) e cada unha sabía perfectamente a súa función a cumplir na sociedade e na familia; pero non por iso adoptaban posturas sumisas, senón que, protestaban cando nos estaban conformes co seu papel (Mary protestaba a John porque nunca lle axudaba coas tarefas da casa). Polo que, existen importantes semellanzas.

D.F. dijo...

Gracias, I. (V.F.), por este último comentario. Creo que entrar un pouco máis en detalle é bo para aclarar algunha cousa que outra. E positivo para todos.
Presta atención, se podes, ao comentario introducido or I. (C.O.) na entrada anterior, a de Tocqueville, onde propón o seu fragmento, e que talvez axude a mellor comprender a película, non sei.
Non olvides, nin os demais tampouco, por favor -¿estades aí?- que escribir o que poden ser chamados "comentarios cruzados" entre todos nós, é algo que non deberíamos descartar, a ver que sae. E se entra ao saco calquera "de fóra" do grupo, incluíndo a mesmésema "seguidora" asiática que temos, tanto mellor. "Apertium" fai mlagres...
Saúdos, e feliz entrada... de ano.

Anónimo dijo...

1.Resumo.
Nace John Sims o 4 de xullo, día do aniversario da independencia de América. O seu pai manterá que John será co paso do tempo un gran home, pero este morrerá repentinamente e John quedará marcado por este acontecemento.
Marcha a Nova York ao remate dos seus estudos e comeza a traballar de contable nunha gran empresa. Nesta empresa terá numerosos amigos, e un deles, presentaralle a que será a súa muller, Mary.
Mary e Jonh namóranse e o pouco tempo casan, pero John síntese frustrado ao non destacar dentro da sociedade e iso afectará ao seu matrimonio.
Co paso do tempo teñen un neno e unha nena, e aínda que os nacementos dos fillos unen máis a parella iso non será suficiente. John segue intentando destacar como persoa polo que logrará gañar un premio dun anuncio publicitario. Esta felicidade verase truncada pola morte da súa filla, que será atropelada. John quedará sumido na tristeza e será despedido no seu traballo.
A familia mantense gracias ao traballo de Mary, xa que John non acepta calquera traballo e continua sen esquece-las súas pretensións, arrastrando a Mary ao seu estado anímico.
Tras ameazalo Mary con deixalo, John intenta suicidarse, pero a presenza do seu fillo evítao e animase a aceptar calquera traballo para recuperar a Mary. Cando chega a súa casa Mary está disposta a deixalo pero ao final quédase con el.

2.Valoración persoal.
A película consta dunha trama moi concreta que consiste en como pode condiciona-la vida dun neno o feito de que os seus pais esperen algo del. Isto, ademais da morte prematura dos pais, deixan pegada na persoa ao longo da súa vida e este feito terase moi presente a hora de tomar diversas decisións.
É preciso destacar diversas imaxes que aparecen o longo da película, tendo en conta a época na que foi rodada. Unha escena moi impresionante e tráxica é cando John descubre que morrera o seu pai. Esta escena caracterízase porque a cámara sitúase na parte alta da casa, onde se supón que se atopa o seu pai e obsérvase como dunha gran multitude sae John e comeza a ascender lentamente as escaleiras. É unha escena longa e lenta, na que se pode observan con claridade o dramatismo de dito suceso na cara e actuación do neno. Ao mesmo tempo pódese observar o contraste entre a multitude e o estado de soidade no que se atopa o neno.
Outra imaxe que chama a atención é cando a cámara transcorre ao longo dun rañaceos e introdúcese por unha fiestra, chegando a unha inmensa oficina onde atópase o protagonista.
A música, ao tratarse dunha película muda, posúe gran importancia. Esta é dinámica, acelérase, naqueles momentos nos que intenta transmitir alegría (como é no caso da primeira cita con Mary) e ténsase, faise máis lenta, naqueles nos que busca crear unha situación dramática ou de incerteza (cando John descubre a morte do seu pai).
Os textos incluídos na película ao consistir en frases feitas e ao atoparse escritos en inglés poden resultar complicados pero a película, en xeral, non é de dificultosa comprensión.
A pesar de ser unha película muda consta dunha trama moi emotiva que intenta poñer de manifesto aspectos que suceden na realidade.

3.Aspectos sociolóxicos.
Co nacemento do neno ponse claramente de manifesto que o seu pai xa esperaba algo del, iso inculcoullo dende pequeno. Cando o neno fala cos seus amigos (grupo de pares) ten moi presente as palabras do seu pai.
Como xa dixen anteriormente, a morte prematura dos pais ou a presión que estes introduzan nos seus fillos pode deixar grandes pegadas que se observarán a hora de tomar decisións nun futuro. A personaxe busca destacar dentro dunha sociedade enormemente xerarquizada, na cal é moi complicado chegar ao poder.
Destácase claramente o comportamento dentro dos matrimonios da época. Neles, tanto o home como a muller tiñan unha forma de comportarse moi concreta e no caso delas, atopábanse sometidas ao criterio do marido. Ao mesmo tempo, na película, destácase o comezo dunha igualdade entre ambos, xa que o home, aínda que de mala gana, comeza a colaborar nas tarefas domésticas.
Outro aspecto a destacar é a separación do matrimonio nos momentos difíciles (morte da filla) xa que aínda que eles loitan por desafogarse xuntos, son separados e ela e apoiada por mulleres e el por homes, impedindo que se xunte o matrimonio.
Tamén é preciso destacar o contraste que se produce o longo da película entre a individualidade e a multitude pois ademais de que trátase dunha contraposición, inténtase diferenciar entre o xeral e un caso en concreto. No caso da multitude, cando aparece na película este aspecto, inténtase reflectir como un conxunto de persoas cunha dinámica xeral, pero ao centrarse nunha persoa concreta, queda claro que cada individuo é diferente aos demais. En diversos momentos da película inténtase dar a entender que a multitude atópase presente en momentos tráxicos como en momentos felices.

4.Comparación entre “The Crowd” e Toqueville (diferencias nas relacións entre as persoas).
Nunha democracia a igualdade entre as persoas está máis presente, polo que os distintos individuos non se senten tan diferentes aos demais. Neste caso podemos observar que tanto John como Mary atópanse en igualdade de condicións e que ademais dentro da sociedade non se realizan grandes diferencias entre os individuos. Outro aspecto a destacar e que aínda que a gran empresa na que traballaba John atopábase xerarquizada, os tratos cara os empregados son igualitarios e non degradantes, os xefes non consideran aos seus empregados inferiores.
As distincións aristocráticas non están presentes na película e destácase a liberdade individual xa que cada personaxe toma as súas propias decisións sen estar sometido baixo unha autoridade (igualdade de condicións).

Anónimo dijo...

Quero deixar constancia de que esquecín a "c" no nome do autor, é dicir,o autor chámase Tocqueville.
Sinto moito o meu erro.
Saudos.

Anónimo dijo...

1.Resumo
O día da independencia, 4 de Xullo, nace John Sims, quen terá que afrontar na súa niñez a morte do seu pai. Cando acaba os seus estudos vaise a Nova York coa intención de lograr un bo futuro e de triunfar, pero alí consegue un traballo como contable nunha gran empresa, pero un emprego nada extraordinario, cando de neno sempre soñaba con grandes logros. Pronto coñecerá a Mary coa que se casaría e tería dous fillos. A súa filla será atropelada, o que provoca o empeoramento anímico de John, tensándose así a relación coa súa muller, o que leva a John ao borde do suicidio, atormentado polo recordo da súa filla. Tamén abandonou o seu traballo o que fixo que se sentise un absoluto fracasado e se avergoñase de si mesmo.
John non atopaba traballo o que fixo que a súa relación con Mary se deteriorase aínda máis. Gracias ao apoio e aos ánimos do seu fillo, buscou un novo emprego o que fixo que recuperase así o amor de Mary.

Penso que o autor pretende transmitir, que debemos valorar o que hai ao noso arredor, pois como se pode observar na película, o mundo non depende de John, xa que é un máis na "multitude", mentres que a súa familia si depende del, polo que debemos suscitarnos ante quen vale a pena ser alguén á fin e ao cabo, valorando así o que temos. Ademais deberiamos darnos conta de que non podemos esperar a que apareza o triunfo chamando ás nosas portas, pois se se quere chegar ao máis alto, chegar a ser alguén, e triunfar hai que poñer empeño e pelexar ata conseguir os nosos obxectivos, xa que como se observa John é simplemente un máis, con isto quero dicir que para conseguir destacar, hai que triunfar.

2. Valoración persoal
Ao comezo, a película non resulta moi interesante, pero pouco a pouco vaise facendo máis entretida polos diferentes acontecementos que suceden continuamente, o que obriga a prestar absoluta atención no seu desenvolvemento.
Existen escenas de gran expresividade: cando en diversas ocasións obsérvanse aos protagonistas na multitude, cando John na súa mocidade sobe as escaleiras lentamente e asustado cando morre o seu pai, o nerviosismo de John cando busca a Mary ao nacer o seu primeiro fillo, cando John se mostra algo perdido no momento en que a súa filla atópase na cama enferma antes da súa morte, etc.. Estas escenas crean tensión ao espectador, ademais a película está ambientada con música, o que crea emoción, xa que o ritmo da música cambia segundo os bos ou malos momentos, o que ten gran protagonismo, ao tratarse dunha película muda.
Polo que respecta á linguaxe cinematográfica, non resulta moi complicada malia que ten textos incluídos en inglés o que podería dificultar un pouco a comprensión.
Aínda que non estou afeita ver películas mudas e menos en branco e negro, a película está bastante ben.

3. Comentario dos aspectos sociolóxicos.
Na película podemos observar como o ambiente social do que procede John ten que ver co tipo de decisións que cre apropiadas, así John vai a Nova York en busca dun futuro brillante no que triunfar, posiblemente influenciado polo seu pai (poder de convencemento), pois éste antes da súa morte, dicía que o seu fillo chegaría a ser alguén importante, desta forma obsérvase que temos a nosa propia individualidade e que á vez creámola, feito que se aprecia nesa sociedade capitalista, na necesidade de triunfar por encima dos demais e mellorar laboralmente.
Tamén podemos ver a importancia do estatus social, pois o protagonista dende un principio amósase ambicioso na procura dun ascenso social.
Tamén se observan diferentes axentes de socialización, como a familia, que inflúe notablemente nos intereses do protagonista e o feito de como un pai pode chegar a influír no seu fillo. Ademais ao comezo da película, podemos apreciar a existencia dun "grupo de pares", no que se atopa John cando era pequeno.
A burocracia tamén é evidente, pois se aprecia como as sociedades modernas están rexidas por unha xerarquización, unhas regras explícitas ... o cal obsérvase no traballo de John, cun sistema piramidal, cunha distribución de poder e mando... (WeberS. XIX-XX).
A medida que transcorre a trama notamos a actitude dos matrimonios desa época, que desempeñan diferentes tarefas na vida cotiá na que cada un ten asignado un papel moi diferente, onde a muller dedícase ao coidado da familia e a atención da casa, mentres que o home desempeña o seu traballo fóra do fogar exclusivamente. Tamén se aprecia que nesa época a muller apóiase nas demais mulleres e o home no resto dos homes.(Tocqueville)

Anónimo dijo...

1)Resumen
El día de la independencia, el 4 de julio, nace John Sims.Pero durante su niñez la vida le darà el primer golpe, la muerte de su padre.Al acabar sus estudios va a Nueva York, pero solo encuentra trabajo en una empresa de contable. Un compañero de trabajo le presentarà a Mary la que serà su mujer, ya que se enamoraràn rápidamente,y no tardan en casarse. Viven húmildemente, pero el amor parece ser el protagonista principal.
Pasa el tiempo y a pesar de que la pareja tiene sus discrepancias,el nacimiento de dos hijos (un niño y una niña) unirà a John y a su esposa.Las cosas no le van como quisiera al protagonista de la pelicula,pero parecen mejoran poco a poco aunque John no està demasiado contento con su trabajo,entre la tristeza y la motivaciòn por sus logros succede el tràgico accidente de la hija de los protagonistas,la niña es atropellada,y el estado de sus padres triste. El estado anímico de John va cada vez peor, le atormenta el recuerdo de su hija,y no realiza bien su trabajo por eso le despiden.La familia se mantiene por el trabajo de Mary.John intenta suicidarse, sintiéndose un absoluto fracaso y avergonzándose de sí mismo, persu hijo lo evita. Es entonces cuàndo John busca y acepta cualquier trabajo sea màs o menos digno,todo por el amor que siente por la mujer de la cuàl se enamorara,Mary.


2)Valoraciòn personal
Con respecto a la pelìcula aunque es en blanco y negro,el espacio,la mùsica,el sonido,el ritmo,la càmara juegan un papel muy importante.El tiempo se tensa en los malos momentos y la càmara hace dar menos o màs importancia a la imagen segùn la veamos màs o menos cerca.Elemntos bàsicos y caracteristicos para dicha pelicula.
Al principio la película no es demasiado apetecible,pero a paso que las vas viendo
te va enganchando hasta que quieres ver el deseado final,en el cuàl el amor triunfa.
Los subtitulos en inglès no son quizàs lo màs apetecible de la pelicula,pero las escenas en sí suelen ser còmicas en general.
Supongo que la pelìcula es un reflejo de muchas realidades,personas que llegan cansadas de sus trabajos,y que su esfuerzo diario no se ve recompensado por su salario;y luego llegan a casa donde tienen a su familia a la cuàl tiempos atràs era el hombre el encargado de mantenerla.Y aunque haya momentos en los cuáles las personas no tengan ánimo para querer seguir,aparece en esos momentos el amor,amor hacia sus seres màs queridos
Que les transmite ganas y fuerzas para volver cada dia a su trabajo o a buscar un nuevo empleo para sacar su hogar adelante.



3)Áspectos sociológicos
En cada persona influye mucho las esperiencias vividas en la niñez,como en este caso John,los succesos que ha vivido cuándo era màs pequeño tendràn gran importancia años màs adelane en las funciones que realice.La sociedad,la època,el momento en el que viva son tambièn circunstancias que debemos destacar.Nuestro protagonista intentarà destacar en la sociedad de la època,lo cuàl era dificil, alcanzar mèrito propios requerìa destacar mucho en el trabajo pero nuestro protagonista ante todo pretendìa ser ambicioso.
La familia,los amigos…tambièn son agentes de sociologicos importantes.Lo importante ante todo era intentar lograr una buena posicion social,sabiendo que los hombres tenian una mayor importancia que las mujeres,aunque con el paso del tiempo eso ha ido cambiando.



L,C, R
(Rocìo Lòpez Campos)

D.F. dijo...

Resposta para I. (C.O.): Visto o teu comentario. Gustóume especialmente o que dis da escena do neno na escaleira e a multitude detrás: o contraste que sinalas entre o neno e esa multitude. Tamén chamou a miña atención que insistas nas relacións home-muller: pensemos en como serían tales relacións nese tempo por aquí, na nosa provincia.
Moitas gracias, e non deixes de ler os comentarios dos teus compañeiros.
Un saúdo.
PS: É incomprensible que darlle tanta importancia á "c" de T. O das erratas en Internet é unha festa na que vemonos todos sen estar invitados. Miras e remiras, editas e.. ¡aí está, a maldita errata!

D.F. dijo...

Resposta para R. (L.G.): Bo e extenso comentario. Moi agradecido, unha vez máis. Moi elaborado, como de costume, especialmente a resposta tres, creo, ¿non?. Vexo que todas, ou bastantes, vedes a escena das escaleiras como moi importante, ou moi conseguida, e certamente o é.
Espero que a vosa idea das películas mudas sexa agora un tanto diferente.
Por certo, que o nome del sexa un John, e o dela , un Mary, ¿será algo buscado? Pregúntome se o apelido Sims terá tamén un trasfondo... ¿Ti que pensas?
Bo ano.

D.F. dijo...

Resposta para Rocío (L.C.): Vexo que tamén entras aquí, e non soamente na de Tocqueville. Ben. Gracias pola túa colaboración e polo extenso comentario.
Chamóume moito a atención que ao final do teu resumo da película dis algo que polo que vexo está quedando semioculto: que ao final John acepta calquera tipo de traballo... ¿Calquera? ¿Que traballo acepta? Pensemos, por favor...
Para comezar o ano, nada mellor que comerse un pouco "o tarro".
Boas festas, ou o que delas queda...
Un saúdo, Rocío.

Anónimo dijo...

1. Resumo:

O día 4 de Xullo, nace John Sims, no ano 1900. Este día coincidía co aniversario da Independencia de América.
O pai de John quere convertir o seu fillo nun home importante pero este morre cando o seu fillo eraun neno.
John faise maior e coñece a Mary grazas a un amigo da empresa na que traballa como contable.
John casa con Mary e teñen un fillo e unha filla, pero este non está contento co seu traballo xa que quere que lle suban o soldo e chegar a ser un home importante para manter a súa familia. Pasa o tempo e John segue sen ascender no traballo pero a ocurrencia dun eslogan fixoo dar un paso na súa vida xa que gañou o premio. John compra xoguetes para os nenos co diñeiro do premio para celebralo, pero ese mesmo día a nena morre atropelada. John e Mary sintense mal e a John despideno do traballo polo seu comportamento. Despois consegue outro traballo como vendedor de aspiradoras pero non lle convence.
John discute coa súa muller e chega ata o punto de suicidarse pero o amor que lle ten o seu fillo llo impide. John enconratraballo e volve a casa pero encontrase con que Mary abandonao aínda que ó final Mary decide quedarse.

Penso que o que o autor pretende transmitir e que é moi dificil chegar a ser un home importante, unha razón é porque hai moita xente que pretende chegar a selo e tamén conseguir destacar sobre os demáis xa que vemos na película que o protagonista intenta chegar a ser alguén e destacar entre a multitude pero non o consegue e conformase co amor da súa familia.

2. Valoración persoal:

A película pareceume que a medida que se vai desenvolvendo vai tendo máis interese xa que consta de escenas nas que hai intriga como cando pretende suicidarse e o neno impídelle facelo porque mostralle o seu amor, xa que aínda que o pai non consegue destacar sobre a multítude e ser alguén importante na vida o neno sinte amor por el igualmente. O pai como se ve ao final da película está contento con estar ben coa súa familia sen facer falta destacar entre as persoas.
A escena na que John case se suicida pareceme importante destacala xa que ten intriga aínda que pareceme moito máis importante destacar a escena no día que John gaña o concurso de publicidade e está moi contento porque da un gran paso na súa vida para chegar a ser alguén pero o mesmo día a morte da súa filla fastidia todo e afectalle sicolóxicamente,chegando ata o extremo do suicidio.
Tamén pareceme importante destacar a escena do neno nas escaleiras ó principio da película xa que é un momento no que John sendo neno levase un pao moi gordo pola morte do seu pai.
Tamen o momento no que atropelan á nena é un momento importante xa que cambia o estado da familia polo choque que lle da a morte da filla nun momento de felicidade no que se encontraba a familia.

A vida do protagonista está marcada porque cando el naceu , o seu pai fíxolle unha promesa de que sería un home importante no futuro e tamén está marcada pola temprana morte do seu pai. Por iso cando faise maior se translada a Nueva York para intentar ser alguén importante na vida. El quere ser alguén que destaque na multutude na que se ve somerxido e non da saido dela, fai cousas como toda a multitude, cásase como a multitude, ten fillos como a multitude, fai cousas que todo o mundo fai e non consegue destacar entre eles. O que fai a multitude ó envolve.

Vexo que hai moita contraposición entre momentos de moita felicidade e momentos de moita tristeza, igual que na vida mesma, xa que isto pode suceder na vida de toda a multitude.

A película ó principio non me resultaba tan entretida pero despois, conforme van pasando sucesos e situaciones vai facendose máis interesante e entretida para ó público.
A música é importante destacala porque é unha película muda e axuda a entender cousas que suceden.
A linguaxe cinematográfica entendese moi ben xa que se pode dar conta un moi ben do que ocorre na película.
A pesar de ser unha película muda é de fácil comprensión xa que os subtitulos que aparecen o longo da película son pequenos e non moi dificiles de entender, ademáis teño que destacar que no cine mudo os actores sobreactuan para que se entenda mellor o que se quere transmitir, exaxeran as caras tanto de alegría como de tristeza e isto da a unha fácil comprensión.


3.Aspectos sociolóxicos:

Pareceme que ten que ver con aspectos que vimos na clase porque podese ver que na película existe a figura dun lider, polo tema de que John quere ser alguén importante e destacar sobre os demáis e isto sería a presencia dun lider xa que destacando sobre os demáis convirtese nun lider.

D.F. dijo...

Gracias, L.(G.V.). Case xa é mellor que ti mesma mires a seguinte entrada, que ten dous comentarios, e o segundo é de quen isto escribe: aí en certo modo atoparás resposta ao teu comentario.
Hai tamén un montón de comentarios de compañeiras túas -¿que pasa cos varóns, mmmmh?- que creo deberías ler, e se tes forzas e ánimo, opinar sobre éstes. Parece que ninguén se anima a opinar sobre o que outros opinan, e insisto: sería interesante facelo.
Gracias outra vez. Por certo, ¿serías capaz de concretar algo máis o último punto, o que chamas "aspectos sociolóxicos"? E que queda un pouco breve, sen detalle. A ver...
Un saúdo. Pero xa non podo dicir "felices festas", ¿verdade?

Anónimo dijo...

THE CROWD_(1928) KING VIDOR

1-ARGUMENTO:
El argumento de esta película se centra en el momento histórico marcado por el 124 aniversario de América, el 4 de Julio de 1900.
Cuenta la lucha constante a la que están sometidas la familia Sims por alcanzar un puesto importante por parte de John.
Antes de formar una familia, John tenía una vida ocupada por su trabajo y sus estudios. La muerte de su padre cuando él era un niño marcó su meta de conseguir ser una persona importante.Conoce a Mary y el romance fué veloz,pues al poco tiempo se casan y forman una familia.Un niño y una niña son el fruto de ese matrimonio.Cuando las cosas comenzaban a irles bien, la niña es atropellada resultando muerta.Es en este momento cuando la crisis familiar les invade,sumándose a la mala racha por la que esta pasando John en el trabajo,pues pierde uno a uno sus empleos.Cuando todo parece que está perdido y la familia parece romperse,las cosas se solucionan y vuelven al principio, a una lucha constante por un trabajo digno todos juntos,en familia.

2-VALORACIÓN PERSONAL DE LA PELÍCULA
Se trata,segun mi prespectiva,de una película en la cual el progresivo avance del argumento, hace que la trama vaya acojiendo posturas cada vez mas intensas, que provoca en el espectador un interés en aumento hacia el final de la película.Se trata de una trama que se complica cuando las cosas se van encaminando hacia lo buscado,siendo muy repentinos los altos y los bajos emocionales; es así la situación en la que la familia gana una elevada cantidad de dinero, suponiéndoles una emoción intensa, y ésta se ve troncada al momento por la muerte se la hija pequeña del matrimonio, pasando de una emoción intensa a una tristeza profunda.Con respeto a la música,ésta juega un papel muy importante, ya que nos define las situaciones emocionales por las que van pasando los personajes, consiguiendo una mayor comprensión por parte del espectador, pues al tratarse de una composición muda, es mas dificil mostrar los sentimientos.Es así para mí, una película entretenida la cual,me transmite una realidad existente, la lucha por los propósitos,que creo que es algo presente en todos o en casi todos los individuos de la sociedad.

3-LO QUE EL AUTOR PRETENDE TRANSMITIR
Desde mi punto de vista, el autor pretende mostrarnos mediante la situación permanente por la que pasa John,ésta situación de dificultad a la hora de conseguir sus propósitos y así llegar a ser una persona importante,transmite al público la idea de que las dificultades en la vida son permanentes y, conseguir los propósitos es algo mas que tener una oportunidad, pues no es fácil que cada individuo consiga plenamente sus objetivos. Ante esta situación,muestra que la lucha por los ideales no hay que perderla por muy dificil que se ponga la situación.

4-RELACIÓN CON LOS TEMAS PRESENTADOS EN EL AULA
Creo que lo más destacado y fácil de observar en la película, con respeto a lo estudiado y visto en clase,es la influencia que ejerce la familia sobre los individuos y sus decisiones,en esta situación, la influencia del padre sobre John, puesestá permanentemente en su cabeza, las palabras de su padre: << serás unapersona importante>>
También está muy marcada, y aquí con relación directa al tema elegido por mí en el libro “La democracia en América”,la postura que toma el hombre frente a la mujer, una mujer que con la llegada al matrimonio, ve limitada sus actividades y ésta muestra continuamente una cierta distancia con respeto al hombre.
Puede también que sea correcto hablar del tema surgido en clase del liderazgo en los grupos,pues aun no estando muy segura de ello,es verdad que el futuro que desea el personaje, no es otro que el de conseguir ser << una persona importante>> ,pudiendoe ver como una busca de un liderazgo ante el resto de la sociedad.