viernes, 6 de febrero de 2009

"Pather Panchali", de Satyajit. Ray

No seu día comezamos ver a famosa película que inicia a tamén coñecida "Triloxía de Apu", "Pather Panchali", do cineasta e escritor indio Satyajit Ray, triloxía composta por "Pather Panchali" ("El lamento del sendero", en castelán, 1952-55), "Aparajito" ("El invencible", 1956) e "Apur Sansar" ("El mundo de Apu", 1958). Lamentablemente YouTube non inclúe versión subtitulada en galego ou castelán, pero polo menos pódese ver... ¡O idioma da India é fácil, non hai problema! Esta triloxía consta sempre na típica lista das cen mellores películas de todos os tempos. Por exemplo, no libro de John Kobal, Las cien mejores películas aparece a triloxía completa de número trinta e cinco, por diante de "La dolce vita", "A palabra" ou "A idade de ouro", entre outras.
Aquí tedes a primeira parte, xa vista, para que a vexas outra vez, e sigas, se queres... Nas bibliotecas pública haina, e se non a hai, pódese pedir polo préstamo interbibliotecario (traena da biblioteca máis cercana: é un servicio que podes e debes utilizar).

No hay comentarios: