martes, 3 de marzo de 2009

Sobre Rohmer e "LÁmi de mon amie" (1987)


Para facer o traballo sobre esta película, propoñemos, a parte de ver o film e versión orixinal, por avor -é básico-, consultar unha serie de cousas na rede en relación coa microsocioloxía, o cineasta en cuestión e esta película en particular. É importante vela máis dunha vez e prestar atención ás rúas, prazas, parques, cafeterías, auga da piscina e auga do lago, casas e habitacións, etc. É dicir, ao espazo e aos espazos da urbanización e das vivendas, pois o traballo vai en grande medida sobre iso (tampouco deixemos de ter en conta a natureza, en conraposición, ou talvez en diálogo, coa "urbe", e o papel do azar na historia, os enconros dos personaxes, as cores da súa roupa, etc.).
Ben, pois entonces, podemos ver aquí algo sobre a película, con bastantes análises e detalles de indubidable interese. Agora, a inevitable Wiki falando de Rohmer. A maiores, unha entrevista co autor, por que non. Temos aquí a filmografía de Rohmer. E cambiando de tercio, atopamos agora gracias a estes enlaces breves pero valiosos información sobre Goffman e a chamada "microsocioloxía", que pode dar ideas. E un pouquiño máis sobre microsocioloxía, e sobre antropoloxía urbana, tomada neste caso doutro blog.
Nin que dicir ten que escribindo a palabra ou a frase adecuada en Google ou Firefox atoparemos máis información, se necesaria é...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Resumo.
Alexis de Tocqueville.
páx. 245-274. Volume II

Son diferentes os lazos familiares nun país aristocrático que nun democrático, pois este último sistema ocasiona unha maior igualdade entre individuos e os lazos familiares estréitanse xa que ao non ser tan ríxida a figura paterna as relacións cos fillos son mais sentimentais, pois estes teñen suficiente liberdade e o pai non se mostra como unha figura superior polo que os seus fillos recorren a el como conselleiro. Deste mesmo xeito a democracia favorece que as relacións entre irmáns sexan mais relaxadas pois atópanse en igualdade de condicións mentres que nas sociedades aristocráticas as relacións entre irmáns atópanse mais condicionados polo poder ou posición que ocupa cada un deles, pois ademais terase moi en conta a idade, o sexo...e a figura paterna mostrarase autoritaria, polo que nesta sociedade dependen uns individuos doutros mentres que na democracia a propia vontade reflíctese dende os primeiros anos da xuventude.
Por outro lado, a democracia ocasiona a muller mais liberdade e ao mesmo tempo coñecemento para exercela dende nena, sendo consecuente coas súas palabras e actos no futuro, mentres que na sociedade aristocrática as mulleres non son educadas ante posibles perigos.
En América as mulleres teñen mais liberdade fora do matrimonio, pois cando se casan pasan a estar mais suxeitas, feito que ven dado por cuestións relixiosas e que esixen da muller un sacrificio ante os seus deberes (feito que non sucede en Europa). A causa disto as mulleres son educadas para someterse chegado o matrimonio para lograr manter o seu honor, someténdose así plena e conscientemente.
Nos países aristocráticos a posición social separa en moitos casos a homes e mulleres e ao mesmo tempo que o estado social os separa a súa atracción os une. Todo isto desaparece coa democracia pois ao instaurarse a igualdade de condicións tamén se establece a libre elección. O feito de que os matrimonios non sexan pactados e se creen libremente favorece unha maior motivación e redúcense as infidelidades pois estas unións baséanse nos gustos e ideas persoais.
A democracia iguala as diferencias sociais pero non do mesmo modo iguala a figura da muller a do home. En América mantense a diferencia nas funcións que realizan, do mesmo modo que se mantén a figura do home como algo superior. Pero as mulleres non entenden isto como unha limitación dos seus dereitos pois ao mesmo tempo estas son valoradas e respectadas.
En Estados Unidos a violación é castigada coa morte e coa opinión pública pois considerase o honor da muller como unha das cousas mais valiosas.
Deste xeito, aínda que non se considera igualdade entre ambos sexos, non se pon en dúbida as capacidades persoais pois a muller igualase ao home tanto no ámbito intelectual como moral.

Anónimo dijo...

Resumo de Tocqueville
páx. 245-274. Volume II

A democracia influía nas relación familiares e na vida social. Influía nas mulleres americanas de tal modo, que poderíamos dicir que a muller americana era liberal, independente...mentres que a muller europea non gozaba desa independecia, e estaba sometida baixo unha autoridade masculina. A muller americana tiña máis información desde nena, cun maior coñecemento da vida, podía escoller libremente ao seu futuro marido e posteriormente tralo matrimonio se quedaba na casa. O adulterio deixou de estar tan vixiado e existía unha independencia económica, pois mentres a muller estaba na casa, o home traballaba fora do fogar. Nos países non democráticos, o home de clase social superior que se casaba cunha muller de clase inferior, era mal visto pola sociedade, creando ata problemas na súa relación, polo que estaríamos falando de prexuicios sociais. Antes de casarse, a muller era máis libre en América que en Europa, pero ao casarse funciona ao revés. O home que traballaba fóra de casa volvíase máis pragmático e cunha visión máis económica.
Cando había demasiado lecer, a aristocracia perdía os seus valores converténdose nunha clase social menos traballadora. A revolución francesa trouxo o caos, pero tamén trouxo unha nova orde e a clase que primeiro recibe ese impulso da orde, é a aristocracia, na que produce un cambio de comportamento. Nada pode ser peor para a aristocracia que perder o perder o poder político e non conservar as súas riquezas. Se a clase aristocrática de América permanecese ociosa, sería unha clase caótica, corrompida moralmente, autodestructiva... En Francia, esa clase ocupouse de asuntos económicos, mentres burgueses e proletarios sentiran o caos da revolución. Unha vez que ten lugar a revolución francesa, chega a democracia, durante a que os aristócratas manteñen os seus valores e deste xeito non caen no caos.
O movemento social, elevaba á muller e tende cada vez máis a igualala ao home. En Europa non admitían de entrada unha igualdade total aínda que había xente que si a apoiaba. En América os traballos eran diferentes para homes e mulleres, xa que consideraban que había determinadas labores que só podía exercer un deles.
En EEUU tiñan claro que en toda asociación tiña que haber unha autoridade, e que tiña que ser por natureza un varón, esta condición estaba aceptada por ambos sexos.
Se unha muller saíase do sistema considerábase adúltera polo que xamais reclamaba os seus dereitos.

L,C, R dijo...

La democracia ha afectado al seno de la familia.En Amèrica el padre sabe hasta donde llegan sus límites y deja cuando es el momento adecuado que el hijo se guie por su propia voluntad y haga uso de su libertad.
En las democracias el padre solo es una persona con màs experiecnia y màs anciana que sus propios hijos.
Sin embargo en las aristocracias el padre es el jefe de la familia.
Desde que se han iniciado las democracias,èstas han traido consigo la divisiòn de patrimonios que hace que cambien las relaciones entre padres e hijos,pero a la vez la democraia ha establecido nuevas relaciones en el seno familiar;relaciones màs dialogadas y amables que no estaban presentes en las aristocracias,en las cùales el padre tenìa màs privilegios,y los hijos no eran iguales entre si,una medida que no se da en la democracia donde los hijos son iguales e independientes puesto que no hay nada que los separe aunque tampoco tienen nada en comùn.
La mujer tiene mucho màs libertad en la mayoria de las naciones protestantes,ya que son dueñas de sus propios actos y no la mujer europea a la que se le oculta informaciòn.Y se le intenta proteger al tener desconfianza de si misma.
Los americanos son un modelo a seguir en su forma de apoyar a la mujer,ya que a pesar de que son un pueblo religioso,tambièn se han baseado en la razòn para defender a la mujer.
En America la independencia de la mujer desaparece definitivamente cuando llega al matrimonio,las jovenes tienen la libertad que quieren,pero las esposas quedan sometidas a las obligaciones correspondientes.
Pero las americanas eligen ellas mismas llegar al matrimonio.
La igualdad de condiciones sociales establece diferencias entre el hombre y la mujer,diferencias que nunca llegan a unirse.
En los paises aristocràticos el matrimonio suele tener como finalidad la uniòn de bienes y no tanto de las personas,es peligroso consultar al corazòn,pero los pueblos democràticos conceden a las mujeres el derecho a elegir marido libremente.
La desigualdad entre el hombre y la mujer va cada dia acercandose màs,la posiciòn de la mujer se va elevando y pretende igualar a la del hombre.
En Europa se pretende hacer al hombre y a la mujer semejantes pero en cambio los americanos pretenden conseguir que cada uno de ellos mejore sus propias tareas.
Las americanas no consideran la autoridad conyugal como una usurpaciòn de sus derechos.
Mientras que en Europa el hombre nunca considera su igual a la mujer.
Los Americanos no aprecian esa disticnciòn de deberes y derechos.

(L,C,R)